Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Desde a súa primeira película sobre un aspirante profesor disposto a todo por obter unha praza fixa, Perro ladrador, poco mordedor (2000), o cineasta surcoreano Bong Joon-ho foi un critico cáustico sobre os males da sociedade e a mesquindade humana, poñendo os focos sobre as clases dos máis desafortunados e os perdedores. A súa crítica social sempre pasa por un humor entre o negro e o absurdo, e que podería definirse “amarelo” por ter uns toques gore típicos do cine oriental.
Despois do éxito internacional recibido con Parasitos (2019), o cineasta decidiu sorprender de novo, esta vez cunha película de ciencia ficción inspirada na novela de Edward Ashton, Mickey 7. En Mickey 17 o protagonista do filme é un individuo ao marxe da sociedade, un perdedor esmagado polo sistema, perseguido por un usureiro e obrigado a escapar no espazo sideral para poder sobrevivir. Despois de firmar un contrato cunha empresa encargada de colonizar un planeta xeado, Mickey convertese nun traballador moi peculiar: un “prescindible”. Encargado dos traballos máis perigosos da expedición é substituído pola súa copia, cada vez que falece.
Mickey 17 é unha película distopica, á vez que unha ciencia ficción atípica. Incluso podería definirse unha curiosa versión mutante entre Snowpiercer (2013) e Okja (2017)
Mickey 17 é unha película sobre la indignidade laboral que, neste caso, chega aos límites máis extremos: o de morrer traballando. Unha impresora 3D, vai a repoñer un novo Mickey despois de cada accidente, e o home, convertido nun número máis, está resignado a morrer unha e outra vez soportando unha carga de esforzo e un sufrimento que parece non ter fin.
Robert Pattinson, encarna literalmente o traballador do futuro, incluso en múltiples versións poñendo caras diferentes á mesma personalidade. A súa magnifica interpretación alcanza o punto máis alto na interacción cun dos seus múltiples, Mickey 18, creando situacións surreais e brillantes. Mike Ruffalo e Toni Colette interpretan os explotadores, uns viláns mesquiños e desprezables, unha parella grotesca de monstros que fan aparecer os seus vermes antagonistas do planeta colonizado como seres civilizados e bondadosos.
Mickey 17 é unha película distopica, á vez que unha ciencia ficción atípica. Incluso podería definirse unha curiosa versión mutante entre Snowpiercer (2013) e Okja (2017). Bong Joon-ho firma un blockbuster sen deixar de expornos temas éticos importantes, como a xa citada explotación laboral, pero tamén a colonización e o ecoloxismo. Non todas as escenas resultan logradas - hai momentos demasiados absurdos e outros gores que quizais sobran – pero o filme, a pesar de ser imperfecto, ten unha mensaxe moral moi clara e contundente. Ten a súa indiscutible orixinalidade e demostra que o cineasta, a pesar de ter logrado a fama internacional, mantén firme a súa actitude provocadora fronte ao poder.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
INVESTIGACIÓN JUVENIL
Vídeo | Cuatro adolescentes de Nigrán investigados por agredir y humillar a un menor