Os milagros e a eternidade

Publicado: 16 feb 2025 - 00:50

Foto opiniones
Foto opiniones | La Región

Asistimos nos últimos anos a un bombardeo de información sobre alimentos e sustancias derivadas dos mesmos que pasan a ser considerados case milagrosos para a mellora da saúde e, conseguintemente, da ampliación das expectativas de vida de quenes incorporen ese tipo de produtos na sua dieta alimentaria. O cebo principal son persoas famosas: deportistas, artistas, influencers ou asimilados, para promocionar eses milagres, a cambio de sustanciosas cantidades de diñeiro, sufragado por quenes teñen intereses económicos no asunto. O vil metal é o que engrasa a correa de transmisión deste tipo de tendencias ao tempo que engorda o esnobismo de quenes se sinten prescriptores de novos modos de vida.

Sen dubidar das propiedades -que as teñen- destes produtos de outras latitudes, podemos preguntarnos se no noso entorno non hai alimentos capaces de aportar unha nutrición sa e equilibrada?

E así, dunhos anos para acá, apareceron a chía, a quinoa, ou o matcha -son só exemplos-, que se foron estendendo ata facelos populares entre un amplo sector da poboación, pola sua contribución a unha alimentación saudable. Unha das últimas incorporacións a esta longa nómina é o açaí, ao que se lle atribúen capacidades tales como a contribución á desintoxicación do corpo, a perda de peso, ser un potente afrodisíaco e -aí está¡- capaz de retrasar o envellecemento. Trátase da froita dun tipo de palmeira, con certo parecido aos arandos, con sabor agrio, e que se da na conca da Amazonía leste brasileira, pertencente ao estado do Pará, que os indíxenas consumen xeralmente combinado ca mandioca dende tempo inmemorial como alimento básico da sua dieta.

Sen dubidar das propiedades -que as teñen- destes produtos de outras latitudes, podemos preguntarnos se no noso entorno non hai alimentos capaces de aportar unha nutrición sa e equilibrada? Sométome á palabra dos expertos, pero no caso de España, a evidencia avala a boa saúde dos nosos maiores, con expectativas de vida que se corresponden ca primeira división mundial, so superados por Xapón, Suiza, Corea do Sur e Singapur. Si descendemos a Galicia, supera a media estatal e Ourense pelexa cos tres primeiros países do planeta pola taxa de maior lonxevidade.

Polo contrario, no estado brasileiro do Pará, onde se cultiva o loado açaí, a expectativa de vida está entre as máis baixas do mundo -a dos homes non pasa dos 69 anos e a das mulleres os 73- o que revela que a lonxevidade acádase co benestar xeral, no que ademáis da alimentación equilibrada están as condicións de vida e as laboráis, xunto coa sanidade, a atención aos maiores ou o exercicio. Así que, viva a internacionalización gastronómica, pero sen esquecer que a boa vida hai tempo que está inventada arredor de nós; a eternidade, aínda non.

Contenido patrocinado

stats