Francisco López, "Chesqui"
Rodolfo Prada, patriota galego, ourensán exemplar
O día 3 deste mes de novembro cúmprense 36 anos (3/11/1980) do pasamento na cidade porteña de Buenos Aires, a edade de 88 anos, do insigne galeguista Rodolfo Prado Chamochín, e están a piques de cumprírense sete dende que a Deputación de Ourense, co seu titular por aquelas datas, Xosé Manuel Baltar, ao frente, na compaña do deputado provincial Pablo Pérez e o escritor biógrafo de Rodolfo Prada e membro do Partido Galeguista Luís González Tosar, viaxaron á quinta provincia galega de Buenos Aires co motivo de recoller as cinzas del e da súa dona, Manuela Fraga, no Panteón do Centro Galego de Buenos Aires na Chacarita, para trasladalos a Galicia, e facerlle entrega dos mesmos a María Elena Prada Alliende, neta do ilustre galeguista para deseguido proceder a darlle descanso para sempre na súa terra, no camposanto de Os Ancares, lugar de nacemento do “grande patriota galego e ourensán exemplar”
Por elo os galeguistas do Partido Galeguista queremos lembrar e honrar a figura de quen fora o máis grande e leal amigo do primeiro presidente de Galicia, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, dende a chegada á cidade de Buenos Aires o 16 de xullo de 1940, no vapor La Argentina, e ata o seu pasamento ás 23:00 horas da noite daquel fatídico día 7 de xaneiro de 1950, na habitación 202 do Hospital do Centro Galego de Buenos Aires.
Vaia pois logo o noso máis profundo recoñecemento e lembranza a persoa de Rodolfo Prada Chamochín.
A lectura do documento que Castelao lle entrega a Rodolfo Prada amósanos e refrenda a “plena e total confianza” da que facíamos referencia anteriormente, e que dí así:
“Como xefe circunstancial do galeguismo político -democráticamente autorizado e recoñecido pola inmensa coleitividade galega da Argentina e do Urugai- deposito a miña absoluta confianza no irmán Rodolfo Prada e delego nél a mesma autoridade que a mín se me otorgou, para que represente, ante quenqueira que sexa, nos diferentes países de América que vai a percorrer. Prégolles moi encarecidamente a tódolos irmáns galegos -en especial aos de Chile, Cuba e México- que faciliten, con decidido patriotismo, a misión que Prada vai a desempeñar no meu nome e para ben da nosa Terra. Saúde e liberdade”. Castelao, Bós Aires (12/08/1944).
Vaia pois logo o noso máis profundo recoñecemento e lembranza a persoa de Rodolfo Prada Chamochín. E permitídime rematar este humilde pero sentido homenaxe botando man do poema do “poeta da raza” Ramón Cabanillas:
“Galiza! Nai e Señora, sempre agarimosa e forte; preto e lonxe; onte agora, mañá... na vida e na morte!”.
Saúde e Terra!
Contenido patrocinado
También te puede interesar