José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
O turismo rural constituíu o eixo sobre o que xirou a Xornada Rural Casal de Armán organizada polo Foro Económico de Galicia deste ano. A escolla deste tema non puido estar máis acaída ao se tratar dun sector con claras potencialidades para o desenvolvemento económico do territorio e, ao tempo, sobre o que é posible aprender de experiencias recentes.
Resulta de todos coñecidos a explosión deste tipo de iniciativas na década dos noventa que trouxo consigo salientables mudas en determinadas zonas rurais. Semellaba que estaba chamado a se converter na táboa de salvación de moitos negocios e empresas. Pasadas máis de dúas décadas, a realidade é diferente, convivindo casos de éxito dignos de estudo con experiencias claramente erradas. En todo caso, se algo ficou claro nas Xornadas é que se as cousas son feitas de xeito razoable, o turismo rural segue sendo unha ferramenta fundamental en materia económica (e mesmo social).
É aquí onde se atopan os auténticos desafíos e retos que deben propiciar unha acción conxunta da iniciativa pública e privada en col do deseño de estratexias e plans de actuación para o turismo rural galego. Xa que logo, se algo está claro é que de nada serven accións promovidas exclusivamente por unha parte sen o apoio da outra. Cómpre ir dan man: as empresas levando a iniciativa posto que eles serán os primeiros beneficiados, e a administración servindo de apoio, soporte e facilitador. Estes aspectos foron mencionados frecuentemente polos alí presentes e o consenso na súa necesidade foi constatable. De maneira inmediata, cales serían as principais necesidades para as 600 casas de turismo rural galegas e as súas máis de 7.000 prazas ofertadas? Segundo os expertos alí presentes urxe unha racionalización do sector que permita incrementar as cifras de ocupación que na actualidade roldan o 25%. Neste senso o primeiro reto á vista ten que ver coa xestión. Nomeadamente precísanse máis "empresarios" no estrito senso do termo e non só "propietarios" que é o que temos na actualidade e máis das tres cartas partes dos negocios.
Con esta finalidade xorden ideas como a especialización ou a segmentación que permitan o deseño dun produto integral como os que xa temos referentes na nosa contorna máis inmediata. Igualmente, a formación debe ser parte preferente do tecido sectorial. así como outros aspectos como a consideración do concepto de sostenibilidade non só económica, senón tamén ambiental e social. Todo isto acompañado por un apoio lexislativo que non ten que ser necesariamente complexo en moitos casos. Así por exemplo, a categorización dos establecementos (de xeito semellante ao que teñen os hoteis) sería unha medida que debería estar na axenda dos responsables políticos.
En definitiva, podemos dicir que o vaso está medio cheo e, a pouco que se faga entre todos, non sería moi difícil enchelo. A cuestión está, como sempre nestes casos, en saber quen se encarga de coller a xerra para botar a auga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense
FACTORES DE LA VIDA LARGA
Los expertos analizan la longevidad de Ourense