La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
O Concello de Mos aínda non incorporou ao seu acervo histórico dous personaxes senlleiros da cultura galega: o arquitecto Manuel Gómez Román, que foi o autor do proxecto da Casa do Concello, a quen Otero Pedrayo cualificou como o soñador das mil Compostelas; os seus deseños arquitectónicos inspirados no estilo barroco galego coa súa peculiaridade creativa, inzaron con fermosas construcións as nosas paisaxes que aínda hoxe son merecentes de protección e conservación; e Ramón Cabanillas, o poeta cambadés, que foi secretario xeral da Corporación Municipal. Adoitaba o poeta percorrer os camiños de Mos na procura da sabedoría das súas xentes, e baixar todos os días a O Porriño onde tivo moradía, e tertulia nunha coñecida fonda ou na “Botica Nova” con José Palacios e Enrique Peinador Lines, entre outros.
O galeguismo de todos eles manifestárono integramente na fala, na arte, na política; galegos en todas as afirmacións da vida individual e colectiva. Non tiveron medo a seren demasiado galegos, tal e como dixo un contemporáneo deles e figura egrexia do nacionalismo galego, Lois Peña Novo. Cualidades que hoxe non exercen a meirande parte dos galegos, e algúns que proclamándose galeguistas ou nacionalistas, sóno unicamente a tempo parcial, dedicando o resto do tempo a fomentaren a diglosia (utilizando o galego só para determinados usos).
O devalar dos tempo deixou a súa pegada negativa nos habitos culturais transformándoos ata disolvelos. Reconstruílos é unha tarefa que nos obriga a todos. Efectivamente, son as administracións públicas –para iso temos ordenamento xurídico propio- as obrigadas a artellaren políticas para a defensa dos nosos valores patrimoniais; pero tamén e responsabilidade de cada un de nós afortalar a identidade cultural de noso na vida cotiá.
Desde hai moitos anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vén convocando a todos os galegos a celebraren actos de restauración da memoria lingüística nos cemiterios, nos que dormen o sono eterno os que nos precederon na vida. Xentes, homes e mulleres, que maioritariamente falaron un mesmo idioma, o noso. A mesma lingua que falan os que os visitan a cotío, ou en datas sinaladas, invadindo eses espazos fúnebres en contraste coas lápidas que teñen epitafios en castelán. Escenarios que hai que reescribir, substituíndo os epitafios en lingua castelán por outros en galego. A iso chamámoslle nós “restaurar a memoria lingüística”, para conseguirmos unha maior identificación co idioma familiar; e, de paso, cohesionar a identidade cultural das parroquias.
Cómpre tributarlles homenaxe postreira xa que non o fixemos no seu tempo, porque eles son os verdadeiros artífices da transmisión da nosa cultura, lingua e tradicións. De aí que a iniciativa “En galego, agora e sempre”, sexa a mellor pedagoxía galeguizadora. Os cemiterios galegos deben ser espazos territoriais nos que a lingua galega debe estar presente, porque é a máis acaída para reconstruirmos a harmonía cultural coa parroquia dos vivos. Cada vez son máis os actos que se celebran con tal motivo.
O próximo día 25, ás 16:30 horas, celebraremos no camposanto da parroquia de Santa María de Sanguiñeda, no Concello de Mos, o “Día da Restauración da Memoria Lingüística”, que estará dedicado a dona María Jesús Herrero Rodríguez, quen foi durante moitos anos unha das cantareiras do popular grupo musical “Malvela”. Substituiremos a súa lápida por outra cun epitafio máis acaído no que se recoñeza a súa contribución á perpetuar a lingua galega: “Por ti resoan no val muiñeiras e alalás”. Ogallá este exemplo sexa imitado polas familias do Val do Louriña.
Ramón Cabanillas é o inspirador desta iniciativa normalizadora. Do seu poema “Galicia” extraemos versos da filosofía que fundamentan este labor de reconstrución identitario: “Galicia!/ Sempre Nai, sempre Señora/ con leda ou cativa sorte;/ preto e lonxe;/ onte, agora/ mañán...na vida e na morte/ galegos, sempre galegos!”.
No acto participarán os grupos musicais “Malvela” e “Xistra” de Coruxo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último