José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Difundiuse hai uns días a nova de que quince mil científicos de 184 países alertaban, a través dun artigo na revista BioScience, sobre as preocupantes sinais de que a humanidade está seguindo unha vía insostíbel. En calquera caso, a esta altura ninguén pode dicir que é unha novidade. Os síntomas son evidentes pra calquera persoa, mesmo nun lugar como Galiza, ate hai pouco tempo tan privilexiado polo clima, a abundancia de auga e vexetación. As secas cada vez máis prolongadas, os extremos climáticos e os lumes fóra de control, son un síntoma de que non se lle está a dar a resposta axeitada, e que o problema e cada vez máis grave.
Tamén chama atención a pasividade coa que se reaxe diante desta grave reto pra humanidade. Non hai pronunciamentos, nen debates, que destaquen o problema por parte da Xunta, nen polos partidos políticos, nin as organizacións sociais, especialmente as ecoloxistas, e o ámbito universitario ou cultural. Só respostas parciais, conxunturais, e individuais na maior parte dos casos. E sendo verdade que é unha cuestión que necesita de solucións mundiais, non é menos certo que pra vencer os poderosos intereses ligados a este modelo económico, e mudar os estilos de vida, fai falla un poderoso movemento social en todas e cada unha das nacións do planeta. Non abonda coa racionalidade, nen coa lóxica, nen cos chamamentos á responsabilidade. Todo indica que cómpre tomar axiña medidas de moito calado, pra evitar ter que vivir nun mundo en condicións tremendamente extremas, con escasos recursos e sumando máis zonas inhabitábeis ás xa hoxe moi extensas.
Segundo o artigo-manifesto destes científicos, "o benestar humano segue seriamente ameazado polo cambio climático, a deforestación, a falta de acceso á auga doce, a extinción de especies, e o medre da povoación". Propoñen como medidas urxentes: "un cambio de dieta baseado nas plantas, adopción xeneralizada de enerxías renovábeis e tecnoloxías verdes; crear máis reservas mariñas e terrestres; ampliar os programas de planificación familiar e de educación das mulleres; etc".
En paralelo con esta chamada de atención dende o mundo científico, a Organización das Nacións Unidas pra Alimentación e a Agricultura (FAO) pon énfase en que ademais das guerras e conflitos, as terras asolagadas, tormentas, secas, e nalgúns casos as erupcións volcánicas, causaron 40 millóns de desprazamentos internos nos anos 2105 e 2016. Ademais, segundo a FAO "nos últimos 18 meses, nuns 20 países declaráronse situacións de emerxencia pola seca, o que causou a expulsión de millóns de persoas fóra das súas terras". E engade no seu informe que está é unha das causas principais dos procesos migratorios forzados.
En resumo, nos cambios climáticos poden existir razóns externas, derivadas de flutuacións na actividade solar. Mais o que non se pode obviar, é que as transformacións realizadas pola acción das persoas provocan ou amplían eses efectos negativos. Ben sexa pola destrución do medio ambiente, como pola substitución de especies e polo medre demográfico. Sobre esta última cuestión, salientar que a povoación do mundo pasou de 2.900 millóns en 1960 a 7.400 millóns en 2106. Sobre todos estes aspectos, podemos e debemos axer axiña, tal como o solicitan estes 15.000 científicos. É unha tarefa na que a humanidade se xoga o presente e o futuro. Polo tanto, non pode depender da boa vontade individual. É necesaria unha planificación mundial e nacional, que marque metas de obrigado cumprimento. E no contexto actual, no que as corporacións e o beneficio individual están por riba das necesidades sociais, isto significa que os estados deben controlar directamente os sectores estratéxicos vencellados a esta problemática, poñéndoos ao servizo do ben colectivo. Non existe outra alternativa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”