Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El campesino, el huevo y la patata
Cando estudei museoloxía en Santiago ao profesor don Ángel Sicart creo que non lle chistou moito que fixera o traballo de curso sobre a importancia dos servizos de bares e restaurantes nos museos. Pero sempre me cobizara o tema desde unha visita á cafetería do Museo de Orsay, xusto detrás do grande reloxo da antiga estación de tren parisina; quedara engaiolado pola vista, e polo arrecendo a café e croisant. Miren, hai unha cousa que se chama a “canseira do museo” cando un visita institucións inabarcables, tipo o Prado ou o Louvre. Por iso, é preciso, para eses centros teren espazos de pausa que permitan sentar o tempo dun café, dunha cervexa, descansar pés, comentar cousas e meterlle algo sólido ao corpo antes de seguir coa visita. Todos os museos grandes teñen bos servizos de restauración.
Miren, hai unha cousa que se chama a “canseira do museo” cando un visita institucións inabarcables, tipo o Prado ou o Louvre.
Obviamente, nun espazo expositivo público municipal -como debe volver ser o chamado Museo Municipal- é absurdo montar un bar, pois nin é tan grande, nin se lle debe facer competencia desleal á hostalería circundante. E converter o edificio nun restaurante en si, pois é un disparate, unha ocorrencia máis das manifestacións despectivas do alcalde con todo o que cheire a educación e cultura. Vamos ver. O de ter un alcalde con pouca preparación e formación, co mérito incustionable de ser trumpista antes de Trump, -e recoméndolles a súa autobiografía “Me informaron mal” baixo o pseudónimo de Gundisalvo Ferreira- ten vantaxes e inconvenientes. E van tecidas unhas e outras. O inconveniente primeiro é o que se relaciona coa ousadía da ignorancia, de ser despectivo con aquilo que se descoñece, pero ten como vantaxe que nunca cometerá o pecado dese exceso de reflexión que conduce á inacción. En fin, a tendencia hoxe desde moitos poderes é acurtar ao máximo as distancias co nivel cultural máis baixo da poboación.
Pero baixando en vez de procurar subilo. De aí, a ousadía de dicir que como a xente vai máis aos bares que aos museos, hai que pechalos. As extrapolacións de tal parvada poderían ser infinitas. Universidade? Institutos? “Se agora está todo na rede, e aos rapaces gústalle máis estar de botellón ca estudar, pechemos os centros de ensino e o que queira sabe algo que o busque en Google”. Só desde a ignorancia se pode cuestionar a potencialidade turística e de dinamización dunha cidade dos seus museos e os seus percorridos históricos. A xente viaxa para algo máis que tomar viños, subir escaleiras mecánicas, e cear en terrazas, por centro, outrora combatidas con saña. E con claridade. Jácome puido pechar o chamado Museo Municipal, porque non era un museo.
Só desde a ignorancia se pode cuestionar a potencialidade turística e de dinamización dunha cidade dos seus museos e os seus percorridos históricos. A xente viaxa para algo máis que tomar viños, subir escaleiras mecánicas, e cear en terrazas, por centro, outrora combatidas con saña.
Como puido pechar a Universidade popular, porque non era unha Universidade. Pero as definicións nominais, non lle restan un ápice de valor ao traballo desenvolvido exemplarmente por ambas iniciativas, especialmente a magnífica e ben levada Sala de Exposicións Municipal da rúa de Lepanto. Se o Municipal chega ser un museo instituído, con existencia administrativa propia independente dos avatares políticos, un alcalde por moi ousado que fose non o podería pechar. Pode, é o seu poder, cambiar as denominacións das concellerías e facernos pasar a vergoña de sermos a única cidade de España sen unha Concellería coa denominación de Cultura.
Seguramente somos tamén a única capital de provincia cun alcalde sen o bacharelato. A situación do tecido museístico dunha cidade que podería ser polo de atracción termal, cultural, de natureza, etc. é unha vergoña da que somos culpables todos, en función das nosas responsabilidades. Uns só por ignorancia. Outros por inconsciencia. Outros por non mobilizarnos o suficiente. E se houbese un pouco de cabeciña asisada desde o Concello, cos fondos do Museo Municipal como modesta achega inicial, poderían tratar de convencer á Deputación, á Xunta, e á Afundación, para crearen padroado que conducise a un Museo de Arte nesta cidade que sempre presumiu de artistas e única de Galicia que non ten ese espazo. Posibilidades de que se faga? As mesmas de que eu cale: de momento, cero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El campesino, el huevo y la patata
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Escudo del Gobierno ante la guerra
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Casañas Pedrares, lo llevas en la sangre
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Torrente y Sánchez presidentes
Lo último