Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La guerra del Yom Kipur
PINGAS DE ORBALLO
Boa parte do día preocupado porque tiña medo de non chegar a tempo á cita e, ao final, presenteime cunha hora de antelación. Así son ás veces de impaciente. Menos mal que aproveitei ese tempo para botarlle unha ollada máis ó barrio xudeu de Ribadavia, por se aínda non o coñecía o suficiente, e, como non podía ser doutro xeito, para tomar un café. O café que non me falte nunca, nin en ningún momento nin en ningún lugar.
A cita era no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde se ía celebrar unha charla, conferencia ou parladoiro arredor de Cándido Fernández Mazas, o pintor, escritor e ilustrador ourensán que José Manuel Bouzas leva anos reivindicando con entusiasmo e constancia.
Non é estraño, por tanto, que cada vez admire máis aos ilustradores, caricaturistas e creadores de viñetas.
As dúas horas que durou o acto fixéronse especialmente amenas grazas á sabedoría e á capacidade divulgativa do meu veciño molgués, Pepe Bouzas. Diapositiva tras diapositiva, foi debullando a vida e boa parte da obra deste xenio da ilustración. Aquí permitídeme unha pequena paréntese: algúns rompemos a cabeza intentando describir algo -e case sempre de maneira imperfecta- en trinta, cincuenta ou cen liñas; chega logo un destes artistas e, con apenas tres simples trazos, consegue resumir toda unha realidade. Non é estraño, por tanto, que cada vez admire máis aos ilustradores, caricaturistas e creadores de viñetas.
Remato. O conferenciante foi mesturando debuxos de Mazas con aquelas amizades que conseguiu ó longo da súa vida, das que máis de unha me chamou a atención. Unha vida, por certo, bastante curta. Morreu á idade de 39 anos en Pedrouzos, O Castro de Caldelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La guerra del Yom Kipur
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
En fin
Manuel Orío
RECORTES
El anuncio
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La histórica afición de Ourense al aeromodelismo y la obra de Siota
Lo último