Jorge Vázquez
SENDA 0011
La copa la levanta uno
No texto de despedida que nos deixou Marcos Valcárcel, escrito en maio deste ano e que a súa filla Eire foi quen de ler emocionada o outro día no Liceo, citaba dous poemas que dalgún xeito resumían o seu estado de ánimo naquela altura. Un deles, o tan citado de Vicente Aleixandre, 'Entre dúas escuridades, un lóstrego', a transparencia da pura fugacidade da existencia. O segundo, lembrado desde a versión musical de María Bethania, 'Navigar é preciso; viver nao é preciso', é algo máis críptico.
Trátase dun verso dun poema de Fernando Pessoa no que glosa unha frase de Pompeo que recolle Plutarco no capítulo que lle dedica nas súas 'Vidas paralelas'. O parágrafo cincuenta di textualmente a propósito do labor de Pompeo: 'Creado prefecto dos abastos, para entender no seu acopio e arranxo, enviou por moitas partes comisionados e amigos, e dixiríndose el mesmo por mar a Sicilia, a Cerdeña e a África, recolleu grande cantidade de trigo. Ía largar a vela para a volta cando comezou a soprar un rexo vento contra o mar e, aínda que se opuñan os pilotos, embarcou de primeiro e deu orde de levantar a áncora dicindo 'Navigar é preciso e non é preciso o vivir', e pois que se conduciu con esta decisión e celo, encheu, favorecido da súa boa sorte, de trigo os mercados e o mar de barcos de maneira que aínda aos forasteiros proveu daquel ben e abundancia, pois foi como unha enxurrada que nacendo nunha fonte, chegaba a todos'.
A actitude de Pompeo, como a de Marcos, quedou como un canto á vida entregada, de servizo, de esforzo, de compromiso. A vida é unha navegación, un rumo, un labor duro, un pegar na cana do timón, trincar as velas e as ilusións, soñar un porto, un camiño, unha chegada. A navegacion, a vida, é sobreporse ás dificultades de navegar. Ese esforzo, esa entrega é o que dá sentido a unha existencia; non a cómoda renuncia a embarcar que se ben libraría da posibilidade da morte material, tamén, índa máis desas vivencias que son a vida, que son a navegación, que son a trascendencia.
Así o entendía Pessoa. No poema que escoitaba Marcos na cálida voz da brasileira dicía: 'Navegadores antigos tinham uma frase gloriosa: /'Navegar é preciso; viver não é preciso'/ Quero para mim o espírito desta frase/ transformada a forma para a casar como eu sou: / Viver não é necessário; o que é necessário é criar./ Não conto gozar a minha vida; nem em gozá-la penso. /Só quero torná-la grande,/ ainda que para isso tenha de ser o meu corpo e a (minha alma) a lenha desse fogo./ Só quero torná-la de toda a humanidade; /ainda que para isso tenha de a perder como minha./Cada vez mais assim penso./Cada vez mais ponho da essência anímica do meu sangue /o propósito impessoal de engrandecer a pátria e contribuir /para a evolução da humanidade. /É a forma que em mim tomou o misticismo da nossa Raça'.
Marcos rematou a súa despedida dicíndonos: 'Navegar, descubrir a vida en cada minuto, deixar as fiestras abertas e reconciliarse coa Terra'. Por iso a nosa homenaxe a Marcos non debe ser saudosa nin haxiográfica. Debe ser esa navegación sen medo. Ata que se mesturen as bágoas salgadas da lembranza co mar que nos salta desde a proa a medida que o fendemos para abrir camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
La copa la levanta uno
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Suplicio de Tántalo del labrador: criar carne y no poder comerla
Fernando Ramos
MI PLAN PERFECTO
Evocaciones de aquellos veranos ourensanos de antaño
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Creer que la naturaleza nos pertenece
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo 26 de julio