La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Entre eles mordíanse en silencio e mancábanse canto podían, como se fosen inimigos que se odiaban, dentro da mesma casta, pero querían aparentar o contrario, como se fosen amigos da alma ou irmáns, como se navegaran na mesma barca e o caladoiro fose só deles ou, en todo caso, dos parentes deles.
Ían e volvían, sen sacar as mans da masa, amasando e, coa súa voz rotunda e educada, enganando, incluso se era preciso, chorando. Igual que a Felisa do Nazario, cando ía tornar a auga para que regara no seu prado o día que lle tocaba ao veciño, tapaba a cabeza cun mandil, na procura de que non a viran naquela vergoñenta función de arrapañar todo para ela e para a súa familia.
O veciño cambiaba a auga de rego, pero a herba na súa leira non medraba, pola contra, secaba a herba, o prado e o rego. Era a política practicada pola desvergonza e a procacidade da familia contraria, con todos os seus membros colocados estratexicamente con cadanseu rodo na man.
O que máis pode e o máis desvergonzado é o que máis rega, quen rouba a auga pola noite coa cara tapada e vai á misa ou rezar cada domingo
A cobiza e as ansias daquela xente eran desmesuradas ata o punto que lles impedían ver a realidade. Todo estaba ben, menos o que pensaban os outros, aínda que tiveran razón e fosen a maioría do lugar, aos que máis horas lles correspondía regar. A cobiza era tal que o máis valente e obediente dos labradores, confirmaba o seu poderío dicindo que vai regar pola noite. “Cando ninguén se dea conta -dicía-, procederase a cambiar a auga e guiarémola para onde conveña”.
O reparto da auga en calquera lugar debe facerse con transparencia, con claridade e coa participación da veciñanza, buscando sempre o equilibrio entre a eficacia produtiva e a xustiza social, para beneficio dos aldeás propietarios de cada un dos prados e, logo, de toda a veciñanza.
Todo isto parece política. O que máis pode e o máis desvergonzado é o que máis rega, quen rouba a auga pola noite coa cara tapada e vai á misa ou rezar cada domingo, como se non pasara nada, como se fose o líder de todos os cambios, de todos os pensamentos e de todos os tempos, dos que pasaron e dos que virán.
A Tía Manuela é rotunda, tanto no reparto da auga como en calquera outro, “o repartidor debe ser respectuoso coa xente, debe ampararse no coñecemento e no pensamento crítico, e ten que ser eticamente responsable, co ben común sempre no punto de mira”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio