La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
O sábado pasado non fun a Trasalba á entrega do premio dado pola Fundación Otero Pedrayo á editorial Galaxia; estaba na praia fuxindo da calor e tampouco recibín ningún tipo de convite. Pero como algo sei do tema da construción do discurso do galeguismo na posguerra e algo tiven que ver con tal fundación, voulles contar o que me parece. Para empezar, eu téñome por ser de Galaxia bastante máis cá moitos dos seus dirixentes actuais. Na familia temos un paquete de accións fundacionais de 1950 do meu avó Afonso quen viña xa das Irmandades e o PG. Meu pai asistiu a todas as ampliacións de capital e estivo no seu Consello unha época. Mesmo eu comprei un paquetiño de accións cando Vítor Freixanes promoveu unha ampliación de capital extraordinarias seica para tapar un oco que viña de alén mar. Os accionistas somos dalgún xeito mecenas comprometidos co peto -non de baralle- no tema. E todo isto sabendo que, estatutariamente, nunca se ía repartir beneficio ningún. Ou sexa que as accións só teñen valor sentimental. O autorelato actual da empresa, -somos nós os auténticos herdeiros da xeración Nós- serve para aupar aos seus directivos perante os poderes políticos -autonómico, deputacións, etc.- e tentar a interlocución exclusiva do relato histórico do galeguismo tradicional, algo especialmente interesante nun momento de caída libre das vendas de libros particulares e da importancia nutricia das edicións pagadas con cartos públicos. Por iso, o control de espazos -como a Fundación Otero Pedrayo que lle outorga o premio, ou outras- e o control dos dereitos de autor dos autores clásicos -con discutible base legal nalgúns casos-, é clave no artellamento dun discurso de tendencia monopolista. E como a construción do relato dos anos escuros foi cousa fundamentalmente do grandísimo Paco del Riego, inmenso e eficaz traballador, pero de memoria selectiva, quedou enraizada esa idea.
En fin, Galaxia é unha editorial clave na comprensión da Galicia moderna, con moita actividade, con moitos acertos e algúns erros clave. Pero hai vida, sempre a houbo, fóra dela. Parabén Galaxia. E un pouco máis de modestia e un pouco máis de recoñecemento ás outras iniciativas.
Pero antes e despois da fundación de Galaxia sempre houbo plural vida galeguista fóra. E deberíamos tratar de recuperala para non pensar que a lira da nosa historia só tiña unha corda, por moito que esta fose a principal e máis resistente.
Antes de Galaxia, por exemplo, Bibliófilos Gallegos, a editorial impulsada por Filgueira Valverde -onde tamén publicou Otero-, ou Monterrey, dos irmáns Álvarez Blázquez -onde tamén publicou Otero- ou a Colección Benito Soto de Pontevedra estaban aí e facendo cousas importantes. Filgueira, grande amigo de Otero, é figura clave nun tipo de galeguismo e o seu legado é inmenso, entre outras cousas o benemérito Museo de Pontevedra. E houbo varios grandes éxitos editoriais -sen subvencións polo medio- como a popular colección “O Moucho” de Castrelos, tamén dos Álvarez Blázquez, -600.000 exemplares vendidos-; ou as obras de recuperación histórica das edicións do Castro de Isaac Díaz Pardo; ou a popularización de Celso Emilio ou Castelao, e invención da sociolingüística co “informe dramático...” grazas todo á editorial AKAL con Alonso Montero como motor. Tamén, nun posto destacadísimo, están as Edicións Xerais de Galicia, fillas de Anaya, que souberon modernizar o mundo editorial galego, facéndose hexemónicas no mundo do negocio do libro de texto, do que Galaxia se afastou. Ou a editorial A Nosa Terra que cos seus extras encheu o oco do coñecemento plural dos nosos próceres. Ou a editorial Ir Indo, de Bieito Ledo, que á parte da popularización de biografías, rematou a primeira grande Enciclopedia Galega Universal, última antes da chegada das obras dixitais.
En fin, Galaxia é unha editorial clave na comprensión da Galicia moderna, con moita actividade, con moitos acertos e algúns erros clave. Pero hai vida, sempre a houbo, fóra dela. Parabén Galaxia. E un pouco máis de modestia e un pouco máis de recoñecemento ás outras iniciativas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)