Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Hai uns tres séculos que Galiza está a perder povoación en relación ao conxunto do Estado español (EE). Concretamente no período 1732-1768 tiñamos o 14% dos habitantes do EE e produciamos o 8,3% do PIB (no ano 2020 só atinxiu o 5,25%.). Neste período, e moi aceleradamente dende a Guerra Civil e ditadura franquista, acentuouse a subordinación económica e perda de peso da nosa nación. O papel secundario que cumprimos na cadea de valor non obedecía exclusivamente a que unha gran parte da povoación vivía nunha economía agraria de autoconsumo, e a que as conexións coa meseta e Portugal estaban moi por detrás das existentes entre os países e rexións da nosa contorna, senón á falta de capacidade de decisión nos temas estratéxicos.
Daquela que estes atrancos e eivas non se solucionasen coa autonomía, que aínda prima intereses centralistas, que colleu pulo coa adhesión á Unión Europea. Vexamos os datos. No ano 1972 Galiza tiña 2.687.000 habitantes e o Estado español 34.408.000. No ano 2022 o noso país tiña 2.692.000, e o EE 47.432.000 persoas. Ou sexa, Galiza ficou conxelada (avellentada) e o EE medrou un 38%. En concreto: un crecemento de 13 millóns! destacando Madrid con preto de 3 millóns, Cataluña e Andalucía con 2,5 millóns cada unha, Valencia cuns 2 millóns. Cun medre dos territorios costeiros, pola potenciación da industria e o turismo e a mellora nas comunicacións, agás Galiza. O crecemento é moi forte en Madrid, malia ficar tan afastada da costa e non ser un polo industrial, polos réditos da capitalidade, dun sistema radial de comunicacións, e do centralismo do poder político e financeiro.
A estes malos resultados demográficos na Galiza, como consecuencia da dependencia, que son reflexo das baixas taxas de emprego e os baixos salarios, hai que sumar a forte emigración da mocidade, e que a mortalidade desde hai décadas superase a natalidade. Esta tendencia regresiva compensouse parcialmente coa chegada de inmigración, tanto do EE como doutros países.
A nación galega suma, á marxinación histórica, unha carencia de competencias esenciais do modelo autonómico, e termos governos na Xunta que aceptan este papel subalterno e que non xestionan axeitadamente as competencias transferidas
En resumo: seguimos a exportar emigrantes, co agravante de que agora facémolo tamén con persoas cunha gran formación, ao que se suma a exportación de capital que multiplica varias veces o investimento externo. Daquela que por unha banda medre a renda media e ao mesmo tempo o faga a desigualdade social e non creza o emprego real. Somos un dos últimos vagóns no EE, con todo o que isto implica respecto do desenvolvemento. Polo tanto a cuestión de dependencia segue a ser o aspecto fundamental que condiciona noso presente e futuro, tanto no plano económico e político, como no cultural e lingüístico, porque son todos eles aspectos relacionados, aínda que o sistema centralista teña interese en que os vexamos e tratemos por separado.
A nación galega suma, á marxinación histórica, unha carencia de competencias esenciais do modelo autonómico, e termos governos na Xunta que aceptan este papel subalterno e que non xestionan axeitadamente as competencias transferidas (agás períodos moi curtos onde o nacionalismo galego participou do governo da Xunta). Pra reverter esta tendencia fai falla COMO MÍNIMO un modelo confederal (plurinacional), tal como propoñía o nacionalismo galego nas Bases Constitucionais pra Nación Galega na década dos setenta do século pasado, e nas etapas previas á ditadura franquista.
O capitalismo está en crise, o esgotamento do sistema e as contradicións son evidentes (tamén na Unión Europea), no ecolóxico, no económico, no demográfico,... na utilización como escusa da solución militar, de sancións da manipulación do relato... Galiza xogase moito nesta conxuntura, na que é básica a autoorganización e o grao de soberanía. As solucións non van vir de fóra, aínda que termos unha visión global e relacións boas e xustas co resto do mundo sexa esencial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Lo último
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color