Non os temades

DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE

Publicado: 23 oct 2026 - 03:55
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

“Así que non lles temades, porque nada hai encuberto que non vaia ser revelado, nin oculto que non se saiba. O que vos digo na escuridade, faládeo na luz; e o que sentides no oído, proclamádeo dende as azoteas.”

(Mateo 10.26-27)

Farto e decepcionado pola cantidade de maldades que saen á luz nos medios de comunicación, lembramos que a historia da humanidade está chea delas. Algunhas, fóronse revelando bastantes anos despois; outras moitas, nunca se saberán neste Planeta Terra.

Os que confiamos en Cristo, non debemos entristecernos nin ter medo a todos os que se dedican a facer dano aos demais. Aínda que moitos males síganse ocultando con multitude de conivencias e marañas, temos a esperanza dun futuro xuízo divino e xusto, no que Deus xulgará todas as mentiras e inxustizas habidas e por haber. Por tanto, Xesús convídanos a vivir sen medo na súa verdade e xustiza, sabendo que nada escapa ao control de Deus.

Contenido patrocinado

stats