Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
Un fogonazo tropical en este desierto “humanizado”
Que fará China nos vindeiros anos? Esta é sen dúbida a pregunta do millón. Máxime cando no último congreso do Partido Comunista Chinés aprobáronse medidas que implican unha política máis social e ecolóxica. De ser así, resultaría un avance significativo, tanto a nivel interno como polo que representa China no eido internacional. E tería consecuencias a medio prazo no medio ambiente e respecto dun reparto máis xusto do traballo e da riqueza. China é hoxe a maior economía do mundo (co PIB medido en capacidade de merca), xa que Estados Unidos ficou relegado a un segundo posto. E aínda que o seu comercio exterior é moi semellante, a diferencia está en que China ten un importante superávit comercial de 471 mil millóns (en 2016), e os Estados Unidos un déficit de 720 mil millóns. Ao que hai que engadir as grandes reservas de divisas de China, en contraposición á inmensa débeda norteamericana, e o recuar do dólar como moeda de referencia.
Ate a presidencia de Trump, ao comparar ambas potencias, había que lle sumar a Washington seus socios estratéxicos, especialmente a Unión Europea e Xapón. Mais co triunfo da fracción do capital que representa, coa súa consigna de "Estados Unidos primeiro", Washington está a tomar medidas que prexudican os intereses das corporacións europeas, por exemplo, na cuestión enerxética. De vagar, vaise abrindo unha fenda, que os intereses militares comúns non poden pechar. Ademais, a UE nunca deu superado todas as súas contradicións internas. E tanto o Brexit como as duras imposicións norteamericanas afondan nos intereses diverxentes. Daquela que, aínda sendo os Estados Unidos a maior potencia militar, e a dominante no eido financeiro, nas comunicacións e cultura de masas, e nalgúns ámbitos da economía produtiva, todo amosa que o tempo xoga na súa contra. Será deste xeito, aínda que neste intre, Trump gañe tempo e puntos axitando a intervención militar (directa e indirecta), as sancións e as ameazas.
Asemade, malia toda a propaganda que pon como escusa a competencia cos baixos salarios dos traballadores/as chineses, especialmente na industria que é a que produce bens de exportación, xa no ano 2016, os salarios neste sector eran nese país superiores aos de México, Brasil, Colombia e Tailandia, e estaban ao mesmo nivel que Portugal e Grecia. Concretamente dende o ano 2005 ao 2016 os salarios aumentaron de 1,5 dólares a 3,3 dólares hora. Un medre acompañado dun crecemento da produtividade, polo que se considera que en dous anos, a industria china representará un 20% da actividade mundial. O argumento exclusivo dos baixos salarios a respecto de China carece xa de valor. As vantaxes son unha suma de factores.
Dado que unha parte importante da economía chinesa ten carácter público, e o resto está baixo un ríxido control do Estado, as decisións que este tome teñen moitas posibilidades de se poñer en práctica. En troques, nos países plenamente capitalistas o sector privado ten un poder ilimitado, que impide un reparto xusto do traballo e da riqueza. De existir vontade política, China ten poder para aplicar medidas a prol dun desenvolvemento equilibrado entre o mundo rural e urbano, a costa e o interior, así como pra mellorar salarios, sanidade, educación, prestacións sociais e vivenda, converténdoas na punta de lanza das necesidades obxectivas de xustiza e solidariedade. Tampouco se pode obviar, que esta mesma capacidade de intervención pódese utilizar nas novas rutas da seda, nos grandes investimentos en África, ou nas relacións comerciais con América Latina, Asia e Europa. A incógnita, que só pode resolver o tempo, é: levarase a cabo? Este novo imperio terá unha características distintas dos que xa coñecemos? En principio, xa é evidente que multiplica os polos de poder no mundo. E iso non é pouca cousa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
Un fogonazo tropical en este desierto “humanizado”
Germán Rodríguez
TRIBUNA
Ourense ante el reto de una generación libre de tabaco
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
El rayo verde
Xosé González Martínez
As memorias do doutor García-Sabell
Lo último
5,4% MÁS QUE EN 2025
Inditex firma un arranque histórico y gana 1.375 millones en su primer trimestre
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, miércoles 3 de junio
ASAMBLEA GENERAL DE LA CEO
La Confederación Empresarial de Ourense reclama infraestructuras y fijar talento como claves de futuro