Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Esperando a los coches de la policía
Todos sabemos que en Catalunya existe un problema que continua sen resolución a curto prazo. Para reconstruír a historia do acontecido, basta ir ás hemerotecas virtuais e tomar nota das actuacións duns e doutros. A procrastinación dalgúns axudou a que houbese xuízos, condenas e prisión para os que tentaban acadar a independencia. Lembremos que o 10 de outubro de 2017, Catalunya converteuse nun Estado Independente en forma de República durante 15 segundos. Xusto os que tardou o Presidente en suspendelo, deixando a todos os seus seguidores pasmados. Non sabemos se pasmaron máis cando se decataron da súa fuxida; o que si quedou claro é que os independentistas ficaron divididos. Aquela declaración semellaba ser unha boa brincadeira.
Oriol Junqueras é unha persoa que nunca agachou as súas intencións. Ninguén podería entender que fuxira a Europa coma Puigdemont. Porque ten unha ideoloxía que herdou de non sabemos quen, desde que naceu. Agora, despois de varios anos na cadea, as cousas óllanse dunha forma diferente. A restitución social non se acada nun “chabolo” cheo de libros, informes, decretos e leis.
A pesar de asinar a carta que chegou ás maus do goberno, as intencións non se controlan con promesas ou, como dirían os ingleses: “new resolutions”.
Por outra parte o efecto que produce este xesto na mente dos independentistas e de separación. Junqueras sabe que sen o opoio dos votantes el deixa de existir. Pero quere dar un paso adiante. Se iso chega a acontecer, a solución dos indultos sería un golpe con consecuencias económicas. Moitos catalás son independentes de corazón, pero a mente escora cara o poder económico; o que controlan desde moito tempo. E non deberan ser criticados por iso. Basta ver outras comunidades autónomas cheas de ventaxas fiscais que á Catalunya non dan chegado. A transformación tecnolóxica e económica é unha causa fundamental para os cambios políticos e ideolóxicos que afectan aos diferentes planos da sociedade, porque ao final o que se busca é un estado de benestar global. Posiblemente sexa utópico pero iso fai que as xentes se entreteñan nun soño idílico e sigan controlando diñeiro.
Os presos políticos de todo o mundo ficarán asombrados ao escoitar que os comparan cos exdirixentes catalás en prisión. Non podemos esquecer que neste país te condenan por un artigo do código penal, e este apróbano no Congreso dos Deputados. Por esa razón non existe aletoriedade nas sentencias por estes delitos e só queda a vía dos indultos. Catalunya é unha nazón pero non é un Estado. Penso que nunca chegará a selo porque o que pretende, e quere ser, é un pobo independente. Para iso non lles chega con seres autónomos, senón son libres de xestionar os impostos. Esa é a clave de todo. A complexidade de pedir iso ao Estado Español, resúmese na frase: queremos ser independentes. Co efecto que produce a carta de Junqueras vexo que está máis próxima esa meta económica. Iso si, ao resto das Comunidades vainos costar pouco asumir o custe catalán. Xa estamos afeitos a calar e dizer que chove, cando mexan por nós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Esperando a los coches de la policía
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
No todos se remangan igual
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre la amanecencia
Mariluz Villar
MUJERES
Exposiciones extrañas
Lo último
PREVISIÓN DEL TIEMPO
La borrasca Bruna deja una semana de lluvias en Ourense y temperaturas más suaves
PERSEGUIDO POR 5 ENCAPUCHADOS
Cientos de personas se manifiestan en Cangas contra la agresión homófoba a un joven: "Rojo de mierda, maricón"