Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Pois xa está aquí o “Universo” co que Blas Cantó vai representar a España en Eurovisión. Había máxima expectación entre os “euro”, “neuro” e “tali” fans por ver do que era capaz este murciano que no seu día aceptou de moi bó grado representar ao seu País no maior evento musical europeo; poñendo fín así á dictadura Operación Triunfo no que máis dun concursante confesaba polo baixiño ou de viva voz que non lle apetecía nada asumir tal responsabilidade; xa desde os tempos de Beth, que logo faría un estupendo papel no Festival, acadando en Riga o 8º posto co seu pegadizo “Dime”. Pero coincidiredes comigo que sempre está mellor que o intérprete reme a favor desde o principio, como foi o caso de Miki o ano pasado, aínda que “La Venda” non conseguira convencer aos xurados, pero sí aos artistas e ao moito público congregado no Centro de Convencións de Tel Aviv; sen esquecernos das sempre marabillosas Pastora Soler e Ruth Lorenzo que, con gran poderío, a primeira sobre o escenario de Bakú co “Quédate conmigo”, e a segunda en Copenhague co “Dancing in the rain”, conseguiron un décimo posto, moi cativo para a moita arte que exhibiron no escenario.
E este ano tócalle o turno a Blas Cantó, que xa estivo a piques de ir a Düsseldorf con Auryn, se non fora porque na preselección se lles cruzou polo medio unha entusiasta Lucía Pérez, que a pesar de levar unha canción imposible demostrou sobre o escenario alemán como as gasta unha galega. Non quero nin pensar o que ocorrese se o seu productor Chema Purón lle puidese facer un traxe a medida, como no seu día lle fixo a Anabel Conde para que marcara un dos fitos da historia de Eurovisión, facendo que os membros da orquestra aplaudisen o espectacular “Vuelve Conmigo”, que de non aparecer aquel “Nocturno” dos noruegueses Secret Garden, houbera permitido que España gañase o Festival, despois de tantos anos.
Blas Cantó ten todas as papeletas para facer un magnífico papel no “Eurovivión Song Contest” de Róterdam. Sóbralle voz e oficio para namorar a Europa; a estas alturas xa hai entre os eurofáns opinións para todos os gustos con respecto á canción, a min paréceme un bó tema como para que se luza e sorprenda, como sorpresivo é o video da canción gravado en Lanzarote; non é unha canción das chamadas eurovisivas, e nalgún momento lémbrame ao belga Loïc Nottet que acadou un meritorio cuarto posto cun tema absolutamente persoal e afastado dos parámetros típicos do Festival, como persoal e este de Blas no que el dí afondar nas súas emocións e reconciliarse con seu “eu interior”.
O que sí observei desde o primeiro momento é a enorme presenza e importancia duns coros impecables na gravación de “Universo”; agardo que o equipo de TVE encargado de que esto chegue ao mellor porto posible lle asignen unhas voces impresionantes que o arroupen e unha posta en escea efectista que camele aos xurados e ao público europeo, porque a canción, e sobre todo o intérprete, meréceno. Eses sufridos coros que o mesmo que pasou coa orquestra no seu día, xa nin aparecen na maioría das ocasións sobre o escenario, cando en moitas cancións son a base que sustenta o producto. Creo que o noso artista vai apostar pola súa total visibilidade e nós aplaudiremos tal decisión.
Dí Blas Cantó que a canción é grandiosa como o Universo e que cando a canta se sente libre. Nós sentiremos que sobre o escenario está un grandioso intérprete que sorprenderá a Europa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El villancico más famoso del mundo
Berto Manso
LA OPINIÓN
El COB llegó tarde al pazo
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Lo último