Luis Sotelo
Borrasca Ingrid: la incompetencia disfrazada de prudencia
O AFIADOR
Os humanos somos pouco dados ao recoñecemento de persoas que destacan, como se facelo supuxera que a elixida quitase algo ao resto, cando en realidade do que se trata en situacións así é o de facer público o que é de xeral coñecemento no ámbito do sinalado. Por eso resulta especialmente grato que a Asociación de Periodistas de Galicia distinga co Premio Diego Bernal a Julio Rodríguez González, xornalista, director de Atlántico Diario e cunha extensa e intensa carreira profesional ás suas costas.
Aínda sendo infrecuente que colegas premien a colegas, Julio Rodríguez, discreto e digno, é acreedor de capital persoal abondo xustificador dunha excepción que faculte a tan xusto recoñecemento
Nado en Quintela de Leirado e fillo único dunha familia de panadeiros, viviu parte da nenez na Guinea, acompañando o proceso migratorio dos seus pais á entón colonia española. Tal destino de apariencia exótica (o maioritario de tantos paisanos na procura do seu Eldorado particular era Venezuela ou Francia, Alemaña, Suiza, Gran Bretaña…); ese destino pouco común, dicía, non o era tanto no seu caso, posto que de Quintela de Leirado foron moitos os veciños que viaxaron ao territorio africano dominado por España ata 1975. A elección non era baladí, xa que o clima, as condicións de traballo e o coñecemento do idioma, semellaban matizar a dureza da morriña.
De volta a terra, mentras os pais elaboraban e vendían pan, xa mozo decidiu estudar xornalismo en Navarra, para exercer despois o oficio que o atrapou para sempre. Empezou como redactor en La Región a mediados dos oitenta, para ir escalando postos de responsabilidade con rapidez, que o levarían ao Atlántico Diario de Vigo -pertencente ao grupo de comunicación ourensán- como xovencísimo redactor xefe, subdirector e director, sucesivamente. Fixo dous parénteses entre 1999 e 2005, así como de 2005 a 2007, para exercer como subdirector e director de informativos da TVG, no primeiro, e como director adxunto deste xornal que vostede está lendo, para voltar a Vigo, que xa é sua casa.
Catro décadas como profesional dan para moito e por ela foise movendo Julio Rodríguez co talento, sagacidade, olfato e capacidade de traballo como atlantes, para forxar unha sólida armazón que o fan referente á hora de contar o que pasou, causas e consecuencias. En definitiva, atinar co que agarda o confiado lector do traballo ben feito. E rodeando todo iso, está o compañeiro humilde, leal e solidario con cuantos nalgún momento o acompañamos e admiramos ao longo dunha andaina que xa conta décadas. Por iso, aínda sendo infrecuente que colegas premien a colegas, Julio Rodríguez, discreto e digno, é acreedor de capital persoal abondo xustificador dunha excepción que faculte a tan xusto recoñecemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis Sotelo
Borrasca Ingrid: la incompetencia disfrazada de prudencia
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Enquistarse en las pequeñas penas
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Ante el Foro de Palos o de Pavos
Lalo Pavón
O AFIADOR
O oficio e a dignidade
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo, 25 de enero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 25 de enero, en Ourense
CUANDO LA REALIDAD SUPERA LA FICCIÓN
El anuncio de la Lotería de Navidad se vuelve realidad en Valdeorras