Oíase o silencio

TÍA MANUELA

Publicado: 17 jun 2026 - 00:40 Actualizado: 17 jun 2026 - 13:34
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

A comunicación é esencial para o desenvolvemento, para o progreso e o avance da sociedade, para arranxar o mundo e para que non haxa volta atrás. Para o Xacobeo e para que o Camiño de Santiago sega con éxito, a comunicación é tan importante como a auga de maio para os prados das ladeiras, das montañas ou das chairas sollías.

No que vai de ano, segundo as achegas da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago, recolleron a Compostela cerca de douscentos mil peregrinos. Máis da metade viñeron do estranxeiro e andaron, a grande maioría, polo Camiño Francés e, en segundo lugar, polo Camiño Portugués. Cada ano, dende aquel 1993, o número de peregrinos e peregrinas aumenta en proporcións considerables, achegando cada ano máis recursos nos distintos ámbitos.

A Compostela é para dicirlle a quen proceda que eras peregrino e vas de regreso. É un documento que informa e acredita desa condición da persoa que a leva. Pero hai quen non a quere. Daquela, eses peregrinos non forman parte dos datos estatísticos da Igrexa. Son igualmente meritorios visitantes da terra, persoas estudosas e comprometidas coa arte, coa cultura xacobea e cos valores do Camiño de Santiago.

Eran a sinalización, a creación dun medio para divulgar os valores do Camiño de Santiago

Na época actual, se nos remontamos ao ano 1985, atopámonos co nomeamento de Elías Valiña como comisario do Camiño e observamos que as tarefas que lle foran encomendadas estaban relacionadas directamente coa comunicación. Eran a sinalización, a creación dun medio para divulgar os valores do Camiño de Santiago, unir e agrandar o exército de voluntarios que dinamizaran o fenómeno xacobeo e procurar a súa internacionalización.

É así foi, o cura do Cebreiro crea e fai, El Boletin del Camino, un meritorio boletín coas noticias (poucas) que podían ser de interese para os defensores do Camiño, entendéndoo como un espazo de comunicación en directo. Este Boletín, no congreso de Jaca (1987), transfórmase na revista Peregrino, que segue editando con éxito a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño.

Considerando a permanencia no tempo do Camiño de Santiago, en 1991, o daquela conselleiro, Victor Manuel Vázquez Portomeñe, impulsa, coa aprobación do Parlamento, un ambicioso proxecto de dinamización económica e sociocultural de Galicia, o Xacobeo 93, no que, como dicía a Tía Manuela, “oíase o silencio”.

Contenido patrocinado

stats