La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Dende hai un ano, Fidel Castro non dá sinais de vida. O heroe da Revolución en Cuba falaba e escribía no Gramma o seu adoctrinamento comunista. Mais o primeiro de xaneiro diste ano Fidel non apareceu. Non o fixo cando o acordo diplomático cos EEUU, esa "cenoria" que Fidel lles puxo aos cubanos botándolle ao bloqueo a culpa de tódolos males que asolan á Perla das Antillas, da que ata o ditador Franco dixera: "A Cuba que no me la toquen".
Cuba segue co racionamento alimenticio (cinco ovos ao mes por persoa, un cuarto de litro de aceite…), e a xente segue intentando fuxir dese "paraíso" que, con Corea do Norte, é o único réxime comunista do mundo mundial. Están a soltar algúns dos moitos presos políticos que teñen nas espantosas cadeas cubanas, como contrapartida aos cubanos que lle devolve o Obama. Mais as liberdades máis elementais – o respecto aos dereitos humanos- seguen sen ver a luz tan ansiada, sobor de todo polas novas xeracións.
¿Estará vivo Fidel, pregúntanse as redes sociais? ¿Ou terano como a Lenin, unha momia pra que Raúl e compañía sigan vivindo como Deus quere que vivan? ¿Que vai pasar cando visiten Cuba Obama ou o papa Francisco? ¿Vanlle dicir que está indisposto? Máis cedo que tarde vaise saber a verdade nesa fermosa illa, onde Fidel se quedou co Centro Galego da Habana, feito polas nosas xentes que elí traballaban e creaban riqueza.
¿E entón vai seguir co lema "Patria o muerte, venceremos" quen hoxe están a munguir a vaca do poder revolucionario? Coido que, como tódalas ditaduras, ao morrer o can…, e que xa está a tardar en mudar o modelo político. Raúl segue coas soflamas que ollamos en Cuba-Visión, presentándonos unha –outra- illa paradisíaca, cando somentes os turistas con dólares poden ir aos hoteis, dos que, por poñer un exemplo, Meliá-España ten o 75% dos que son propiedade do Estado.
Se levantara a cabeza Martí e vira como está a Cuba que soñou, voltaba ao lugar onde hoxe agarda a Resurrección, que é un dogma da nosa Igrexa Católica que tanto axuda aos cubanos, a pesar dos pesares.
Unha última reflexión: ¿non terá pactado Raúl Castro con Obama coa mediación do papa Francisco unha transición lenta pra que non sexa sanguenta co revanchismo dos cubanos de Miami e os de dentro, e esí facer lentamente o paso dos "dinosaurios" mandamais da revolución aos que no exército – os xóvenes- queren as liberdades que todos desexamos?
Eí deixo, amable lector, o que eu penso e desexo pra Cuba, a democracia que ten que chegar, inda que leve un tempiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio