La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
No último fin de semana produxéronse, en Ourense, varios incidentes de orde público que, tal como definen algúns representantes dos hosteleiros, aproximan a nosa cidade ó Bronx.
O Bronx é un condado estadounidense do Estado de Nova York que se caracteriza por ser a berce do rap e do hip-hop. Nese barrio fálanse 75 linguas, predominando o español e o inglés sobre o resto. Nos anos 80, o Bronx era practicamente inhabitable. A alta taxa de desemprego e a pobreza extrema provocaron un incremento da criminalidade e do consumo de drogas. Hoxe, a situación mellorou pero aínda permanece o pouso daquela época.
En Ourense temos moita sorte. As nosas rúas, pese a todo, son seguras. Podemos pasear por calquera lugar da cidade sen medo a que nos agredan, nos furten ou exerzan a violencia sobre nós. As Forzas e Corpos de Seguridade teñen un gran control sobre os delincuentes habituais e exercen unha presión constante sobre aqueles que pasan o límite da esmola para mercar a súa dose diaria, facendo da reincidencia o seu modus operandi e erosionando, de forma substancial, a seguridade pública, cun dano irreparable ós cidadáns máis vulnerables contra os que dirixen as accións cas que mitigar, puntualmente, a adición.
O principio da autoridade está seriamente deteriorado. A educación en valores e a degradación das penas de atentado aos axentes da autoridade que finalizan, habitualmente, con condenas por delitos leves de lesións, son algúns dos motivos.
Neste escenario, traballar nas Brigadas de Seguridade Cidadá supón un risco engadido polas constantes faltas de respecto que sofren os axentes uniformados no exercicio das súas función. Cómpre completar o Grupo da Unidade de Prevención e Reacción da Comisaría Provincial de Ourense e reforzar os servizos, con dotación extraordinaria nas noites de maior concorrencia de persoal, especialmente nestas datas, intervindo preventivamente naqueles locais de ocio nos que se sospeita que hai venda de sustancias estupefacientes ou incumprimento das normativas administrativas.
A certas horas e en certos ambientes, un choque fortuíto, unha mala mirada, un mal xesto, unha palabra malinterpretada, ou unhas rifas previas poden provocar a ira daqueles que, froito do seu estado de excitación e da ausencia dos máis elementais valores, non dubidan en facer uso da violencia. Este risco de verse inmerso nunha rifa tumultuaria nas zonas de ocio incrementa substancialmente nestas datas, nas que as ceas de Nadal toman o protagonismo enchendo ata a bandeira os locais de ocio nocturno e tendo o alcohol coma gran protagonista de moitas das celebracións.
Ourense no é o Bronx, pero para que a preposición do título deste artigo non mude en conxugación do verbo ser, temos a obriga de anticiparnos e dotar, á Policía, da autoridade e dos medios precisos para iso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último