Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Buitres y pisos, el Kilómetro Cero
Azorín. Outro dos autores recollidos na serie Miradas Alleas, é Azorín, co volume Galicia (Paisajes, gentes, carácter, costumbres, escritores...), escolma de textos azorinianos, preparada e introducida por Alonso Montero. Só polos seus numerosos textos rosalianos, xa ten Azorín un lugar de honra nos galegófilos de orixe foránea. Ante o silencio ou o desprezo de tantas voces, Azorín reivindicou a nosa autora como un dos grandes poetas do seu tempo e amosou o seu respecto tamén por Manuel Murguía. No libro hai moito máis: a visión da paisaxe galega, dende os textos de Rosalía, dona Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán; o seu entusiasmo pola música popular galega; palabras agarimosas para Lamas Carvajal; a súa exaltación da coroza, etc. Moi oportuna esta volta sobre as páxinas de Azorín, ese filósofo do pequeno que mantén toda a elegancia da súa prosa, como ben subliñaron Vargas Llosa, Pere Gimferrer ou o noso Casares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Buitres y pisos, el Kilómetro Cero
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Un cuñado manitas
Manuel Orío
RECORTES
El problema es otro
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dia Internacional de la Música
Lo último
APROBADOS "CONTRARRELOJ"
Rueda acusa al Gobierno de aprobar los decretos de vivienda con "inseguridad jurídica enorme"