Xabier R. Blanco
El bosque mestizo
Maska Sabato. En abril do 2002 recibín un convite de González Tosar para asistir á entrega dos Premios Rosalía de Castro. O amigo Luís subliñaba: vai estar Ernesto Sabato, que xa daquela superaba os 90 anos. Gárdolle moito respecto ó mestre arxentino polas súas novelas e polos seus gorentosos ensaios sobre arte e literatura. E aló fun con Afonso Monxardín para participar naquela xornada emocionada arredor dun home fráxil e fatigado, que choraba ó escoitar a música das gaitas. Na serie Miradas Alleas, Sabato está representado polo volume Palabras para Galicia, que recolle textos galegos do autor, sempre coa presenza rosaliana na cabeceira e a lembranza dos emigrantes galegos. González Tosar describe con precisión aquelas xornadas do escritor en Compostela e Padrón. Víctor Freixanes evoca un encontro co mestre na súa casa de Santos Lugares e o gran espectáculo dun teatro arxentino a rebordar aplaudíndolle durante quince minutos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 16 de septiembre?
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 16 de septiembre
INSEGURIDAD Y CRIMINALIDAD
En el barrio ourensano de As Camelias “se vende la droga más barata de Galicia”