Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Moito festival
Chégame o último libro de Modesto Hermida, galego da aldea de Vales, das terras de Cea. Titúlase Nas ondas de Galicia. Noticias, opinións, estampas e personaxes (Ir Indo) e recolle 200 alocucións lidas polo seu autor no Diario Cultural da Radio Galega entre 1990 e 1996. Estas crónicas culturais poden lerse a xeito de dietario de novidades culturais: a nova da aparición dun libro, dun suplemento cultural en galego, dun festival musical, etc. A lingua e a literatura son os temas dominantes e albíscase ben a querenza do escritor polos autores do século XIX, perspectiva que tan ben coñece, e tamén a súa admiración por personalidades como Cunqueiro, Carlos Casares ou Basilio Losada. Escribe co corazón aberto Modesto Hermida, sempre co compromiso fiel coa galeguidade de noso e buscando aquelas lecturas en positivo da evolución da nosa cultura. Xornaleiro da nosa cultura, chamouse a si mesmo nalgures: oxalá houbese moitos coma el.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Moito festival
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
España, Austria y la identidad
Manuel Orío
RECORTES
Batir todos los récords
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Obsesión
Lo último
RESULTADOS FAVORABLES
Retirada la prohibición de baño en la playa fluvial de O Barco
SUBIDA DE LOS CARBURANTES
Mapa | Busca las gasolineras más baratas en Ourense en julio
OTRA MENOR PRESENTE
Investigan como crimen machista la muerte de una mujer y su hija en Alicante