Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí
O caso é que Panamá existe, como saben, por vontade dos Estados Unidos. Promoveu a independencia desa parte que antes estaba integrada na república de Colombia para faceren eles, xunto con oito mil galegos traballando, o Canal (1904-14), pois o proxecto francés (1880-89), fracasara. A historia dá moitas reviravoltas, pero, como os ríos, flúe e non dá marcha atrás. Trump teno difícil. Repasemos.
Panamá mira máis ao Pacífico ca ao Atlántico. A conquista do Perú fíxose en expedicións que saían de Santa Asunción de Panamá (a primeira cidade europea fundada sobre o “Mar do sur”, alá por 1519, o actual “Panamá viejo”) e baixaban ata o Callao. Logo o tráfico comercial do Virreinato do Perú, incluída a exportación de ouro, facíase a través desa ruta pero en sentido inverso. E como cruzaban o istmo? Pois por dous camiños reais. Un que usaba barcazas polo río Chagres, desde o Atlántico río arriba deica Venta de Cruces a só 35 quilómetros da cidade de Panamá (o Camiño Real de Cruces) un antecedente do Canal; ou ben, a través dunha vía seca (Camiño Real de Portobelo) duns 125 quilómetros, máis vello, que unía a cidade de Portobelo, no Atlántico -onde chegara Colón, en 1502 e Panamá cidade. Portobelo era o centro comercial de feiras e mercados no Caribe sur, e por el pasaban as cousas a La Habana e de aí a España, piratas ingleses mediante.
Ben. A selva do Darién, o “tapón de Darién” -entre Panamá e Colombia- é tan impenetrable, que nin hoxe a cruza ningunha estrada que una America Central e América do sur. Esta dificultade terrestre fixo que Panamá tivese sempre unha personalidade moi distinta á de Colombia. Cando se proclamaron as independencias de España, a do “Istmo de Panamá” foi en 1821, e durou nada, pois entre 1821 e 31 pertenceu, xunto con Venezuela, Ecuador e Colombia á Gran Colombia, e ao disolverse ese ano, “naceron” Venezuela e Ecuador, pero non Panamá que continuou absorbido pola nova entidade, “Nueva Granada”. Desde ese momento, xunto coa progresiva centralización, guerras e caos político de Colombia, houbo desde Panamá 17 intentos de separación e catro proclamadas fallidas ata a definitiva en 1903, a seguir á novena guerra civil en Colombia, a dos “mil días” entre 1899 e 1902 cuxa paz foi asinada a bordo do navío norteamericano Wisconsin, abrindo a porta á independencia panameña.
O caso é que o día 4 de novembro de 1903 proclamouse a independencia e o día 18 seguinte asinouse o Tratado Hay-Bunau Varilla -obviamente xa cociñado- polo que USA se encargaría de facer e xestionar para sempre o Canal e tería cedida á perpetuidade a zona administración de 10 km a ambas beiras. A diferencia entre “administración” e “soberanía” fixo as que as relacións non foran fáciles. En 1977 Carter e Torrijos, asinan a devolución progresiva e a entrega total en 1999. A corrupción posterior a Torrijos –lembremos o narco ditador Noriega tan vinculado antes á CIA- fixo que as cousas fosen a mal polo que houbo unha intervención militar USA en 1989-90 que cambiou o réxime e propiciou que en 1999 unha nova democracia amiga, no medio dun grande despegue económico, asumise a xestión do canal, pero reservándose EEUU o “dereito a defender de calquera ameza á neutralidade do canal, incluso usando a forza militar”. EEUU di agora que esta “neutralidade” está ameazada pola suposta grande presenza chinesa na xestión do mesmo, cousa que Panamá nega.
En fin, o Trump revisando e desprezando todo o feito por administracións anteriores quere dar marcha atrás, pero non parece que os tempos estean como para outra invasión. Se daquela mandaba un narco corrupto que se negara a asumir unha derrota electoral, agora o presidente democrático de Panamá José Raúl Mulino Quintero, avoga e empresario, ten un partido de nome bonito, Realizando Metas, e un país que o apoia. Que teña sorte. Alegraríame, tamén, polos do Carballiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Lo que deberíamos desaparecer de ciudades y vivideros
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El campesino, el huevo y la patata
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Escudo del Gobierno ante la guerra
Lo último
UN DOLOR SIN TREGUA
La ourensana Iria Lorenzo, cuando la migraña no espera, pero la cita médica sí
ENFERMEDAD NEUROLÓGICA O UN SÍNTOMA
Dolor de cabeza y migraña: cómo diferenciarlos y cuáles son sus causas
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas