Paraíso de golfos protexidos

O AFIADOR

Publicado: 07 dic 2025 - 05:10

Opinión Lalo Pavón
Opinión Lalo Pavón | La Región

O deterioro que vive a política ao máis alto nivel parece estenderse sen solución de continuidade, pois cando aínda ferve o escándalo máis recente aparece o seguinte ou varios ao mesmo tempo que van tapando aos anteriores. Como sempre, as críticas vólvense lanzas contra os rivais afectados, esixindo responsabilidades e facéndose cruces en sintonía co argumentario dos estrategas do aparato. Logo, cambian as tornas e o fogo graneado cae sobre aqueles que hai nada andaban disparando a discreción coa mesma forza e rigor. Ademáis, a crítica adoita ir revestida do maior énfase nos calificativos para agrandar o efecto sobre a opinión pública.

Na inmensa maioría dos casos, as organizacións nas que están incardinadas os interfectos tratan de tapar o indefendible, para ver se consiguen mantelo no anonimato

A experiencia dí que a esaxeración do protocolo acusatorio está pensada máis para causar mella no colectivo que no propio protagonista de comportamento rexeitable, aínda que, curiosamente, eso devalúa os efectos da acción, provocando o cansazo nun sector importante da masa, que remata no todos son iguais. Tal percepción non está exenta de razón, xa que a longo prazo seguramente non hai moitas diferenzas entre os contendentes, vencelladas ás quendas de exercicio do poder, polas oportunidades que este aporta para desviarse do camiño correcto.

Ata hai relativamente pouco, a parte do león nos escándalos levábana as accións que tiñan que ver co mal uso do diñeiro público; agora, aparecen con forza casos de abusos sexuais contra mulleres e tamén golfos de variada pelaxe. Na inmensa maioría dos casos, as organizacións nas que están incardinadas os interfectos tratan de tapar o indefendible, para ver se consiguen mantelo no anonimato. Cando o asunto estoupa, os responsables asómbranse e dín non saber nada sobre os presuntos delitos ou delincuentes; ou sabéndoo -Pujol e os seus vástagos- van con cara alta- entre acenos para rehabilitar a figura do patriarca.

Asistimos agora mesmo, que ao indigno Mazón non so agardaron un ano para que se marchara, senon que mantén a acta de deputado autonómico e agasállano cunha esmola de 623 euros ao mes como portavoz do PP na comisión de Regulamento, que non se reuniu nos últimos seis anos. (Suponse que aí están voceiros de outras siglas que tamén están cobrando sen facer nada). Igual de indecente resulta que dirixentes socialistas se rachen os hábitos mentras outros taparon ao líder do partido en Torremolinos dende o verán, ou que Goberno e partido leven meses agochando as denuncias contra o presunto acosador Paco Salazar (a amizade cos que mandan permite ese trato confianzudo), mentras lle buscan unha canonxía do rango de embaixada ou similar. Que bochorno para ducias de miles de honestos servidores públicos, salpicados polo lixo duns centos de golfos.

Contenido patrocinado

stats