Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Gallegos por el mundo y anécdotas y episodios americanos
Son consciente de que o tema dos animais de compañía ten cousas positivas e tamén aspectos para a discrepancia, polo que a controversia está asegurada. Mais despois de escoitar o meu compañeiro de andaina musical Antonio, sen ánimo de ferir a ninguén, penso que nalgúns aspectos hai xente que se está pasando de voltas.
O meu amigo chegou hai uns días á xuntanza semanal un tanto abraiado, pois viu como unha moza, falando co seu cadelo, lle atribuía con moita naturalidade ó pequeno animal unha serie de cualidades como si estivera dialogando cunha persoa. O meu amigo, case espantado polo que escoitaba, non paraba de rir e dicía: “Non sei onde imos chegar”. A moza en cuestión falaba co can: “Te tengo dicho que cuando venga una persona por la acera hay que dejarle paso... así que ya lo sabes. No te lo repito más...” O meu compañeiro, que tamén ten cans na súa finca e que os coida, non saía do seu abraio. E a verdade é que semella que na sociedade actual, ademais de non distinguir entre o necesario e o superficial, ou se o prefiren entre o razonabel e o esaxerado, comenzan a verse non sei se chamarlle modas ou debilidades que xa se consideran polos que exercen o poder político, ou sexa os que nos gobernan, como algo que hai que atender de maneira urxente. Claro, deixando ó marxe outras cuestións humanas que si son moi necesarias e precisan máis axuda.
A moda de ter un cadeliño supera con moito o que antes era case unha obriga nas casas do rural. En case todas elas había un can da raza palleiro que axudaba nalgunha das labores, como a de gardar o gando, dar sinal se alguén viña á vivenda e tamén facer compañía. Mais nos tempos que corren os cans, ben ornamentados e vestidos, comenzan a ser máis ca un compañeiro, pois pasan a seren un xoguete do que presumimos e ó que lle atribuímos cualidades como as que fixeron rir e moito ó meu compañeiro. Logo, cando pasa un tempo e xa o animal non fai gracia, e ademais dá traballo, en moitos casos chega o abandono.
Visto que a día de hoxe hai moitos máis canciños que rapaces que nacen, que moitos mozos e mozas novas prefiren ter un can no canto dun descendente e que cada día hai máis defuncións que nacementos, o asunto merece unha fonda reflexión. Algunhas persoas con moita retranca din que haberá que ir pensando en meter ós cans, dalgunha maneira, nunha hipotética Seguridade Social, dado que son moi importantes para o lecer. E mira que o tema importa que ate a Xunta anunciou hai un tempo axudas de 150 euros para quen saque algún destes animais das garderías onde están esperando por un amo.
Comezamos a ter a vista un tanto desviada. Comezamos a perder o norte. Entendo que ós animais hai que tratalos ben, mais por moito que digan algúns que os cans son o mellor amigo do home, non convén pasarse de voltas atribuíndolle cualidades que nos son propias dos humanos.
A outra cuestión é que, a día de hoxe, os organismos públicos andan a recortar axudas ás persoas maiores que viven en soidade, como é o caso de Ourense, onde se eliminou o Comedor sobre Rodas, ou na Xunta, onde os cartos para dependencia sempre andan moi escasos, e pola contra incentívanse cuestións como a referida anteriormente. Que certos animais cumpren unha función social importante, penso nas persoas sen visión ou mesmo nas casa do rural, pois si. O demais non está mal, pero nalgúns aspectos que sinalei semella que estamos perdendo o norte. Hai certo desatino nos obxectivos das administracións públicas. Corren tempos onde, por aquelo de quedar ben con colectivos, quedan ó pairo cuestións humanitarias urxentes.
E non se trata de terlle fobia ós cans e os animais en xeral. Non. Trátase de ter sentidiño. En fin, o meu compañeiro e amigo penso que ten moita razón, polo que por moito cariño que lle teñamos ós animais, por moi fieis que nos sexan, atribuírlle moitas das cualidades que temos os humanos é pasarse de voltas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Gallegos por el mundo y anécdotas y episodios americanos
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La casa
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Televisión matinal
Jorge Ron
Al loro
Lo último