Fernando Ramos
Dice Sánchez que Cataluña y España son países diferentes
ARTE ET ALIA
Fóronse voando os diversos paxaros que habitaron unhas semanas a sala de arte do campus, antes das chuvias, en dirección ao Allariz de Jorge e Xabier Varela, seus autores, aves que pintou este último detidas e de xeito decorativo e gran precisión sobre louza, mentres seu irmán puxo algunhas esculturas en sala, engadéndolle outras, entre as que cabe destacar unha acuarela do seu pai Javier Varela Guillot (+ 2018), de ar oriental. Mágoa non poderlle dedicar máis tempo e espazo á mostra A familia e outras aves, titulo que nos retrotrae á lectura de Mi familia y otros animales de Gerald Durrell, divertida obra que semella a causalidade da mostra cunha miga de retranca. Con ela deu comezo en Alterarte, baixo o paraugas-concepto de Mutacións inestables (Mesturar disciplinas-romper categorías), este curso expositivo.
Namentres en Verín, dúas creadoras amosaron, combinadas, unha exposición e unha novela. Esta última é da escritora Doli Pereira, quen presentou “Alaridos Silenciosos, crónica de una guerra en Verín” no salón de actos da biblioteca pública municipal;. Eis unha forma, ou modo, de aventar ámbalas dúas as estancadas augas históricas na vila e comarca expresando, dende o fondo da memoria, dramáticos sucesos acaecidos no tempo da mal chamada guerra civil fai máis de setenta e cinco anos. Aquela se centra, segundo se ten escrito, dende o golpe de Estado até 1938, facendo a autora verinense, dende datos que lle teñen transmitido, unha narración, a modo de docu-drama no que combina personaxes reais e outros do seu maxín, nunha trama, na que insire feitos históricos en Verín e comarca. Pereira quere que non se deixe no esquecemento os feitos malia amosar a represión e o silencio imposto, e coida que o tempo teña sandado as feridas pouco a pouco, facendo un argumento novelado dende o corazón. Vamos, drama tinguido de romance, xeito polo que tiña transitado na súa primeira novela en 2018, Cuando el alma tiene dos caras. Con anterioridade, tiña publicado poesía, en 2017 Amanecer, e dous anos antes Recuerdos.
Aquela se centra, segundo se ten escrito, dende o golpe de Estado até 1938, facendo a autora verinense, dende datos que lle teñen transmitido, unha narración, a modo de docu-drama no que combina personaxes reais e outros do seu maxín, nunha trama, na que insire feitos históricos en Verín e comarca.
A artista Luz Nóvoa accedeu a facer unha obra para a capa do libro que se acaba de presentar, un expresivo cadro alusivo, descritivo e expresionista. É así parte implicada pois, a partir da petición expresa da escritora, creou unha serie monográfica axeitada de cadros para unha exposición, “Na memoria”, de mediano tamaño, que ten peso por si mesma, e que inaugurou en Artes Vangogh, obras que reflicten plasticamente aspectos extraídos da lectura da novela. Aquí aparece dende o balneario de Sousas ao de Cabreiroá, convertido este en enfermería-hospital de retagarda, construcións concretas nas que sucederon feitos dende xullo de 1936, ou algunha praza. Especial é a alusión á represión ideolóxica da xente á que se lle daba morte logo de marcarlle as casas, e a masacre de Vilaza, obra resolta dun xeito que semella realismo máxico. Está plasmada tamén a situación das festas e do Entroido, de tanta raizame na vila e comarca. O Hotel Salgado coa acrópole de Monterrei ao fondo, cun ceo vermello, é unha de gran potencia expresiva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
Dice Sánchez que Cataluña y España son países diferentes
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Palabras de ánimo
Luis del Val
Ayudemos al inculto
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Extremadura e pecha España!
Lo último
LUCHA CONTRA LOS INCENDIOS
Lucenza e Infesta, dos modelos en Monterrei para el medio rural del futuro
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
NUEVO CAMIÓN POR 1M
Los bomberos consiguen renovar su parque móvil en Ourense
La Región
Avenida de Portugal: Vallas por donde vayas