La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
A semana pasada visitaba Madrid Thomas Piketty, o economista de moda; presentaba a versión castelán do seu libro O capital no século XXI, o maior éxito editorial do 2014. Talvez desde A historia do tempo de Stephen Hawking non sucedera nada semellante, porque se trata dun libro de historia económica, non dunha novela. É probable que o libro, igual có de Hawking, quede novo adornando estantes en moitas casas; pero non ten maior importancia, os grandes libros lense pouco: os Ensaios de Montaigne, A orixe das especies de Darwin, o Ulises de Joyce…; e no caso concreto do pensamento económico, cántos leron A riqueza das nacións de Smith, O Capital de Marx ou a Teoría Xeneral de Keynes? Por que entón este interese polo libro de Piketty? Talvez porque a xente pensa atopar nel unha nova forma de entender o capitalismo. Tódalas grandes transformacións viñeron asociadas a cambios de paradigma; pensemos en Copérnico, en Smith, en Einstein, en Picasso... Todos propuxeron cambios de paradigmas, de formas de entender a realidade, buscando unha saída a situacións críticas. Agora a sociedade tamén vive unha situación crítica, que parece imposible de superar cos vellos paradigmas: por iso a xente está atenta a calquera novidade.
Piketty céntrase na economía, máis concretamente na evolución da desigualdade. Trata de dar resposta a unha pregunta fundamental: cómo se distribúe a riqueza na sociedade capitalista? Desde a esquerda sempre se defendeu que o capitalismo liberal puro conduce a unha sociedade desigual e inxusta, e que por iso se precisan decididas políticas redistributivas; mentres, na dereita sempre opinaron que o mercado era capaz de autoregularse, e que as desigualdades simplemente reflicten os merecementos de cada un. Pero en 1955 sucedía algo importante: Simon Kutznets publicaba un estudo, con datos dos EEUU de 1913 a 1948, que demostraba que se ben a desigualdade medraba nas primeiras fases do capitalismo, logo, nas máis avanzadas, diminuía ata estabilizarse nun nivel aceptable. E isto, que foi un dos piares teóricos dos neoliberais, desde que comezaron a aplicar as súas políticas alá polos oitenta, é agora cualificado de mero "conto de fadas" por Piketty: poden imaxinar o entusiasmo da dereita co economista francés! Pero a pertinencia do cualificativo está defendida por unha batería de datos nunca vista, que permite analizar a dinámica da distribución dos ingresos e da riqueza nuns vinte países durante máis de douscentos anos. E cal é a conclusión fundamental? Que hai unha tendencia a longo prazo ó aumento da desigualdade, especialmente á concentración da riqueza no 1% máis rico; a causa condénsase noutra desigualdade, neste caso matemática: r>g, a taxa media de rendemento do capital supera a de crecemento do PIB. Esa tendencia rachou entre 1910 e 1950, pero por causa das dúas guerras mundiais e das políticas fiscais adoptadas, o que explica os resultados de Kutznets. Pero desde os oitenta, tralo fin da época dourada do capitalismo, coa implantación dos postulados de libre mercado e a desregulación financeira, volveuse ó camiño do incremento da desigualdade, atopándonos agora nunha situación crítica, semellante á de finais do XIX, cando as elites vivían máis da riqueza herdada ca da xerada co seu traballo, unha situación que ameaza o crecemento económico e mesmo os fundamentos da democracia.
Non obstante, insiste Piketty, a tendencia á desigualdade extrema non é froito de ningún determinismo económico: tan só das políticas aplicadas. Para revertela bastaría con cambialas... El defende un imposto global sobre a riqueza: sabe que é unha utopía, pero tamén que "no principio foi o verbo".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último