Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Pensamento cívico
Acertado titular de La Región ao día seguiente do Foro La Región, no que o protagonista foi o presidente da Deputación de Ourense que, entre outras moitas mensaxes, lanzou: “La Diputación como eje de cohesión provincial”. Entendendo esta cohesión como a razón de dispoñer dos mesmos servizos e oportunidades para as persoas independentemente onde vivan, que vén a significar equidade, cara evitar que existan ourensáns de primeira e de segunda.
Ao longo dos últimos anos tiven oportunidades “in situ” para comprobar, que a Deputación de Ourense é unha administración con firme e decidida vocación muicipalista. Non pode ser de outra maneira: 1) Porque a Deputación como tal, a súa razón de ser, son os concellos. Sen concellos non habería Deputacións. De aí que digamos –e bendito-, que a Deputación, como ente supramunicipal, é o concello dos concellos e a estos ten que servir. 2) Nunha provincia como a de Ourense, de 7.273 quilómetros cadrados, para alrededor de 312 mil habitantes en 92 concellos, cunha densidade poboacional de 42 habitantes/quilómetro cadrado –lonxe da media galega-, onde un tercio da poboación vive na cidade, á Deputación non lle queda outra que ofrecer aos concellos servizos de asistencia colaborativa e cooperación, en condicións de eficiencia e calidade cooperativa, sempre respetando o dereito dos concellos na toma de dicisións: Racadación, recollida de lixo, ciclo hidraúlico, asistencia xurídica, programas informáticos, redes de perreiras, conservación de vías municipais, etc.
Aínda que, o que me anima escribir estas liñas é, logo de escoitar os excelentes argumentos e razonamentos do presidente da Deputación, Luis Menor, hubo no turno de preguntas unha “ben tirada” dun amigo e veterano alcalde socialista, ao respeto do tema manido e sempre actual, cal é o da “viabilidade dos pequenos concellos e a necesidade da reforma do mapa municipal”. E aquí teño que repetirme, como en outras ocasións, nesta mesma sección, ao tratar sobre as voltas que se lle da aos estudos das “Fusións municipais”, no que estou diametralmente en contra, agás que sexan voluntarias -respecto á autonomía municipal-, xa que hai outras alternativas.
Estou dacordo coas fusións de concellos, pero como deixou dito e aclarado o expresidente, Manuel Baltar, as “Fusións de Facto”; ou sexa fusións de servizos, mantendo a autonomía e a identidade municipal. Pódese razonar que o costoso non é ter moitos gobernos locales de pequenos concellos, senón que o inviable económicamente é ter moitas administración locais de pequenos concellos. Sendo a Administración Local a ferramenta de execución das políticas que diseña o Goberno Local; sendo aquí onde é posible incidir mantendo o dereito á autonomía local: ofertando aos concellos mecanismos de apoio, que implique xestión delegada a través da Deputación.
Resumindo: distingamos “Goberno Local” de “Administración Local”. Conseguintemente as “Fusións de Facto”, que xa se están levando a cabo -e con grande satisfacción- mediante a recadación de impostos, ciclo hidraúlico, recollida de lixo…, permítenos manter a identidade política dos consistorios e abarata costes. Ademais que as fusións municipais de territorio como tales, non deteñen a despoboación nin reduce a dispersión, e a posible xeración de “Economías de Escala” está en entredito. Ah!, fusionando catro concellos de 2 mil habitantes, resultaría un de 8 mil habitantes sobre un territorio enorme e con gran dispersión. Que solucionamos? Comprendemos que a problemática dos pequenos concellos concrétanse nas naturais limitacións que impoñen o seu tamaño, agravada por factores como a dispersión que encarece o coste da dispersión de servizos. Aínda que as posibles fusións non van garantir mellores servizos a menor coste. Tamén expertos mencionan as Áreas Metropolitanas, cando en Ourense levamos trinta anos para poñer en marcha o transporte Metropolitano. Debate aberto!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Pensamento cívico
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Las palabras del año
Rosendo Luis Fernández
Pola equidade co territorio provincial
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El Archivo Llanos de Ribadavia y las fotos de la campaña de África
Lo último