Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Érgome, na mañá do 17, e bótolle unha ollada á primeira de La Región e outros xornáis, coas matracas cotiás de toda a imprensa. De primeiro non me prodecato -como diría Blanco Amor- de que ven todo en galego.
Pois, pétome na frente: Se é a “Ponte” das Letras Galegas.
Todo, agás a hostelería, está todo pechado.
Até as livrarías!
Unha boa parte dos nacidos na Galiza marchan en carro, “tour” adiante mesmo ás Rías Baixas e Altas, a capital Compostela, a Ribeira Sacra, as termas e balnearios…
Xa se sabe que “se pode ser tan galego tan galego, que só se fale castellano”.
Ou se facer voluntariamente galega, como a María Victoria Moreno, da Extremadura da Espanha.
Isto das académicas Letras Galegas está ben, coa fin de exhumar a algunha persoa decoñecida ou, por o decir con segundas, “esquecida”.
Por exemplo: Carvalho Calero, magoantemente preterido ano tras ano; Antón Tovar, o grande poeta do Non; Antón Risco, teórico da literatura e sobresaínte escritor, amáis de catedrático de Université Laval, de Québec, e vencellado ás tres galegas, de quen neste 2018 cúmprese o 20 cabodano do seu paramento frente ao mar de Vigo; e algúns, non moitos, máis.
Despois de cinco meses parece que comezou o ano de María Victoria Moreno, que xa nos tardaba, e da que é inadiabel difundir a sua obra.
Mestra de vocación, ledicia dos contos para nenos, mais, sobre todo, poeta esencial, fonda, de raia en raia do tempo até a derradeira.
Desde agora, morta vivente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla