Rosendo Luis Fernández
MI PLAN PERFECTO
¡Despertar!, de los ladridos a los graznidos
Recentemente, difundiuse un vídeo no que se apreciaba a agresión dunha menor a outra, en O Burgo, Culleredo, sendo gravada a mesma e na que se pode ver como unha menor, obriga a outra a anicarse, pedir perdón e cando trata de afastarse, tirarlle do cabelo, abofeteala, e incluso parece golpeala co xeonllo no rostro, todo isto, sendo gravada e alentada por outros menores.
A estes feitos, ao ser cometidos por menores de idade, se lle aplica o Código Penal a efectos da calificación xurídica, pero por ser menores, se lle aplica a Lei de Responsabilidade Penal do Menor, a cal, contempla un procedemento específico, sendo, levada a cabo a investigación pola Fiscalía de menores, e xulgados os feitos pola Sección de Menores do Tribunal de Instancia do lugar no que se houberan cometido os feitos, o cal poderá impoñer, medidas como internamento en réxime cerrado, semiaberto ou aberto, internamento terapéutico, asistencia a un centro de día para realizar actividades de apoio, educativas, formativas, laborais ou de ocio, permanencia de fin de semana no domicilio ou nun centro, liberdade vixiada, prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima ou cos seus familiares, etc.…
A medida imposta en concreto, dependerá en gran medida, dos feitos que se acrediten, da situación dos menores, si teñen antecedentes e do seu contexto, a tal fin, unha proba fundamental será o informe do Equipo técnico, que analizará estes aspectos dende varias perspectivas, (psicolóxica, terapéutica, educacional) e propoñerá unha medida a adoptar.
Substantivamente como diciamos, os feitos poderían ser constitutivos dun delito de trato degradante do artigo 173 do Código Penal, en concurso real, é dicir, como delitos independentes, co delito de lesións do artigo 147 CP, que dependerá da gravidade das mesmas, se foi precisa unha intervención médica a maiores da primeira asistencia facultativa e do seguimento ou non. Levando aparellada a consecuente indemnización por danos e perxuizos causados, tanto físicos como o posible dano moral.
Tendo en conta que a ambos delitos se lle podería aplicar o agravante do artigo 22.2ª de abuso de superioridade, ao estar varios/as menores contra a vítima.
O resto de menores, que alentan á agresora, poderían ser considerados autores como delito de trato degradante e cooperadores necesarios no de lesións.
A maiores, ao ser gravada a agresión por un destes, o feito de haber captado o vídeo, así como simplemente, habelo reenviado, podería ser constitutivo de un delito de revelación de segredos do artigo 197.7 CP.
Respecto a que foran menores, e a responsabilidade civil, da mesma responderán os país, nais e titores ou representantes legais dos menores agresores.
Todo elo, pudendo ser complementado cunha orde de protección fronte á vítima, consistente en prohibición de aproximarse á mesma ao seu domicilio e de comunicación coa vítima por calquera medio. Respecto a que foran menores, e a responsabilidade civil, da mesma responderán os país, nais e titores ou representantes legais dos menores agresores.
Por último, recordar que a Axencia Española de Protección de Datos, AEPD, conta unha ferramenta chamada Canal Prioritario, o cal, permite denunciar a difusión sen consentimento de contido sexual ou violento, conseguindo normalmente, a súa retirada antes de 72 horas se o responsable se encontra en España.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último