Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Conteilles o outro día un par de anécdotas “brancas” na que axentes da Policía Nacional tiñan un comportamento normal, de cidadáns da época. Contábame o outro día unha xornalista que daquela estudaba en Madrid naquela altura, que cando elas, as mozas estudantes de 18 ou 20 anos pasaban polos pasillos de “grises” para entrar na Facultade en época de conflitos, sempre había algún, pouco máis vello ca elas, que lles dedicaban piropos –guapa, tía buena, e outros máis subidos de ton-.
Pero tamén os axentes de civil, a policía secreta, eran xente moi diversa. Todos coñecíamos os nomes dos máis agresivos, dos que zoscaban compracidos en comisaría. Lembro o caso terrible do fillo dun gobernador civil, compañeiro meu do instituto, Guillermo, que fuxira da casa, cousa de moda entre os adolescentes da época. Ao día seguinte -non chegaran moi lonxe- viñera ás clases cheo de mazaduras. E canto lle comentei o mala besta que fora seu pai pegándolle desa maneira, para miña estupefacción, comentoume que o pai non lle puxera a man encima, senón que o baixara -daquela a Comisaría estaba nos baixos do Goberno Civil- para que “un profesional” lle dese unha boa malleira. O mesmo que lle zoscaba habitualmente aos detidos políticos do PC, que era o que había máis. En fin, como podería dicir Trump en posición mala besta, “cousas que pasan”.
Deducen eles que eran policías “da secreta”, pero seguen co mural, pois tamén se trataba de ir forzando as marxes para ampliar as liberdades.
Pero a maioría dos outros funcionarios de policía eran xente absolutamente normal. Unha anécdota que me contou un dos protagonistas. Dous militantes do MCG -Movemento Comunista- estaban pintando un mural no chaflán da entrada do Instituto da Ponte ás tantas da mañá. De súpeto, reparan nun coche, con dous homes dentro, que se detén enfronte. Non baixan e quedan mirando. Deducen eles que eran policías “da secreta”, pero seguen co mural, pois tamén se trataba de ir forzando as marxes para ampliar as liberdades. Cando acabaron de pintar, dubidaron se asinar coa sigla ou non. E fixérono. MCG. E, naquel momento, achegáronse os dous homes do coche, comentándolles que eran policías e que o mural aquel era propaganda ilegal e que non podía quedar así. Ofrecéronlle dúas posibilidades: a) quedar detidos no momento e que os levasen a comisaría ou b) que lle desen unha man de pintura branca por riba -inda tiñan sobra de “preparar a base do mural”- de forma que non se notase. Con bo criterio, os militantes optaron pola b) pero rosmando. E cando interrogaron aos policías porque non o “atallaran” antes e os deixaran acabar, riron e dixeron que tiñan unha aposta. Un deles dicía se serían do MC e outro, non lembro se do PC ou da ANPG. Gañou o primeiro. Pero non lles dixeron o que apostaran.
A xente, en xeral, non quería problemas. Tamén me contou a persoa que pasou a primeira maleta de chaveiros e insignias da AN-PG desde Porto, feitas nunha empresa de manufacturas metálicas para publicidade, que segue traballando, Fotal, que cando chegou á fronteira de Tui, o garda civil da aduana pediulle que abrira o maleteiro do coche, e logo a maleta. Cando viu o que había dentro, mirouno fixamente e logo indicoulle, “siga, siga”. Casal, así se chamaba o “transportista”, pensou que simplemente o home non quería complicarse a vida e empezar co lío de papeis e detención, etc. Todo cambiaba de présa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense