Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
“Canta, cabrón, canta”
Imaxinemos unha corda feita cun só fío. Volvamos imaxinar un cabo trenzado con varios fíos. Evidentemente este último vai aguantar moito máis peso que o primeiro. Así se cumpre o axioma “a unión fai a forza”. Agora traslademos este axioma á realidade lingüística. Non é o mesmo trescentos millóns de falantes en lingua portuguesa que novecentos millóns, se lle sumamos seiscentos millóns de falantes en linguas hispanas.
O conxunto de linguas ibéricas de orixe romance atinxe a preto de novecentos millóns de persoas, que falan ou comprenden este grupo de idiomas, colocándonos por riba do inglés e só por baixo do chinés mandarín. E malia esta realidade non aproveitamos tal potencialidade lingüística no mundo, nin mostramos orgullo por ser herdeiros da Historia e da Cultura dos dous países ibéricos, España e Portugal, de onde hoxe se poderían extraer efectos económicos relevantes.
No mes de novembro de 2018 presentei no Senado de España unha iniciativa, dirixida ao Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, na que argumentaba a miña estrañeza ante a inexistencia dunha Casa da Lusofonía, tendo en conta a realidade socio-lingüística ibérica, e considerando, ademais, a existencia doutras Casas como a Árabe, a Mediterránea, a de América, a de Africa, a de Asia e o Centro Sefarad de Israel.
A resposta a miña pregunta sobre a súa creación, propoñendo Galicia como lugar de asentamento, apenas mereceu unhas poucas palabras: “En estos momentos no está previsto la creación de una Casa lusófona”. Escasa resposta dada a un senador orgulloso do papel cultural dos dous países ibéricos, que chegaron en 1494 a repartírense o mundo co Tratado de Tordesillas.
Se non estou mal informado, o portugués é na actualidade o idioma con máis falantes no hemisferio sur da Terra, adoptado como lingua oficial en nove países que van dende o Brasil a Timor Oriental. Tamén se fala na Rexión Administrativa de Macao, en Goa e noutros lugares do mundo. A Unesco declarou o día 5 de maio como Día Mundial das Linguas Portuguesas, e foi inxerido entre as linguas de uso oficial por distintos organismos internacionais.
Respecto ao español, ninguén discute a súa preeminencia no mundo, constituíndose como idioma oficial ou cooficial nunha vintena de países e significativo noutra media ducia, competindo co hindi polo terceiro posto mundial despois do chino mandarín e do inglés. Hoxe están a estudialo máis de 22 millóns de persoas non nativas. Derívanse do español multitude de potencialidades e valores pola súa capacidade para establecer relacións entre sociedades en materia de intercambio e axuda.
A oportunidade económica que supón un mercado de novecentos millóns de persoas non é para desprezar, e a nosa cultura sentimental e histórica veríase reforzada notablemente. Creo que pagaba a pena reconsiderar esta proposta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
“Canta, cabrón, canta”
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
De Noruega a Milan-Cortina, pasando por Manzaneda
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
A la inteligencia artificial se le ve el plumero
Lalo Pavón
O AFIADOR
A educación na política
Lo último