Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
E se temos augas quentes na provincia como en poucos sitios de Europa, un Plan Estratéxico Termal como o deseñado magnificamente por Mario Crecente co apoio institucional, só debería concitar apoios.
E se a provincia e cidade teñen un patrimonio literario trascendente que nos sitúa como o lugar de nacemento da narrativa galega contemporánea e un dos lugares urbanos máis literaturizados de Galicia, debemos aproveitalo e saber sacar beneficio do tema. Hai anos, entre o lembrado Marcos Valcárcel, Manolo Figueiras e eu, elaboramos un "Roteiro da Esmorga" para enxalzar a obra e ao propio Blanco Amor e, creo, foi un éxito. Amantes da cultura, estudantes, profesores, teñen nas súas mans un material que lles permite achegarse dun xeito distinto á obra e ao autor.
Pois ben, agora desde o Liceo, a editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares, botamos a andar un roteiro co seu nome por Ourense. Se por Galicia adiante xa ten dedicadas rúas, prazas en máis de vinte sitios (en Ourense en Xinzo, Porqueira, Ribadavia e o Instituto de Viana), nós podemos facer algo máis e algo distinto. Independentemente de que a lugar que o viu nacer lle dedique algunha homenaxe como as descritas, podemos, co roteiro, visitar o centro da cidade da súa man, da man da súa obra; algo que non poder facer ningunha outra cidade. En dezaoito paradas –máis outra en Beiro- percorremos tamén a súa obra de ensaio –centrada en biografías de ourensáns ou na propia historia cultural da cidade-, as súas novelas, relatos e artigos de xornal. Lugares como o Hotel Miño e as súas tertulias, a súa casa natal na esquina da avenida da Habana-Cardeal Quevedo, a rúa do Curros Enriquez que biografíou, a Igrexa de San Francisco, a fonte do Parque de San Lázaro, a rúa do Paseo, a Alameda, Arcediagos, a rúa da Paz de aires oterianos e risquianos, Cardeal Quiroga, rúa de Lepanto, Catedral, praza do Trigo e Praza Maior. Un paseo curto, cheo de evocacións, acompañados polo iniciador do cine, Barbagelata; polo bispo de Ilustrísima; polos mozos de Vento Ferido; polo estudante desacougado de "Xoguetes para o tempo prohibido"; polos intelectuais da postguerra sentados ou non nun "Sillón Azul"; polos amigos como Pepe Suárez ou Blanco Amor, ou moitos outros vellos e novos.
E como calquera ano destes lle van dedicar un Día das Letras Galegas, pois tamén é cousa de ir achegando á cidade a lembranza da súa bonhomía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La pesa del aizkolari
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 13 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 13 de marzo
SOLICITA UN ENCUENTRO
Rueda urge a coordinar la respuesta a la guerra