Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Suplicio de Tántalo del labrador: criar carne y no poder comerla
Vivimos no tempo das trolas e das medias verdades. Mentir, salvo diante a xustiza, seica non é delito co que todo sinala que xa perdemos a vergoña de soltar ó vento algo que non é verdade. De neno escoitaba que ser un mentirán era un pecado. Daquelas se contabas unha mentira poñíaste roxo e perdías o creto diante os compañeiros e tamén escoitabas unha rifa dos maiores. Non se pode contar mentiras dicían, vas a ir ó inferno!!, e facíano cunha expresión moi seria.
Agora, de maior, se lle contas a alguén algo que non é verdade xa a ninguén se lle pon a faciana vermella. Polo que a mentira, a parte de gañar peso, pra moitos persoeiros e xente da prensa tomou carta de obriga. Tomou carta de venialidade e de despiste intencionado. Vamos, que normalizouse a mentira na sociedade. Ou sexa, as trolas e pegotas tan propias do 28 de Nadal, cada día son máis frecuentes na política e na vida cotiá. Non nos chega co día dos inocentes. Pois, día a día, cóntanse tantas trolas e prométense tantas cousas que xa ninguén se ruboriza. E xa case é moi difícil separar a palla do grao. “Lo mío no es información, tengo el pelo blanco. Lo mío es intuición...”, dixo un tal MAR diante a xustiza. Ou sexa que ese señor ten poderes de pitoniso, dado que o que lle é unha sospeita e unha intuición dálle rango de verdade. Está claro que me refiro o asesor da señora Ayuso.
Vivimos no tempo das trolas e das medias verdades
Logo o medio que o publica non contrasta a nova, e sae ó vento como se fora unha realidade incuestionabel. Despois, a xustiza sempre tan prudente e tan lenta, nalgúns casos non o valora como trola, e o asunto sigue para adiante. Que prudentes son as institucións de xustiza para algunhas causas e que axiña se actúan noutras. Ás veces lembro que todo depende do cristal ideolóxico por onde se mira. Vivimos nun tempo onde os cidadáns teñen moi complicado distinguir entre o que é información e o que é unha opinión persoal. E os profesionais da información saben moi ben distinguir unha cousa da outra pero, certos medios sabedores do asunto e de que o que se publica é unha carallada, danlle rango de noticia e de veracidade. Mais cando os medios sensacionalistas están tan aferrados ó poder económico do que maiormente dependen, as veces mesturase a posta a información coa opinión, polo que é moi sinxelo picar. Mais esta é a sociedade actual na que nos movemos. É na que nos tocou vivir. Polo que admitindo que as trolas, mentiras e medias verdades están ó día, e viven con nós, teremos que andar con moito ollo pra que non nos metan gato por lebre. O periodismo actual entrou nunha fase de falla de credibilidade. As tendencias políticas sempre as houbo, mais sempre dentro dunhas normas rexidas pola ética profesional. Mais agora é moi frecuente escoitar na rúa dicir: O xornal tenche mau do que alí pon, nada máis.
No tempo da intelixencia artificial e de tantos medios técnicos, os cidadáns no tema, non só da política se non na vida real, temos que abrir ben os ollos pra non lle dar creto a tantas trola e medias vedades que circulan polas redes sociais e algúns medios, pois agora por mentir xa ninguén se po roxo nin é reprendido. A conciencia e a ética é, como me dicía un compañeiro de traballo xa finado, ancha segundo a comenencia e o momento. Polo que os máis novos e tamén os maiores moitas veces picamos no anzó de crer moitas trolas que se publican, pois mentir fora da xustiza, seica non é delito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Suplicio de Tántalo del labrador: criar carne y no poder comerla
Fernando Ramos
MI PLAN PERFECTO
Evocaciones de aquellos veranos ourensanos de antaño
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Creer que la naturaleza nos pertenece
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
El verano más hermoso
Lo último
"FUERA DE CAPACIDAD DE EXTINCIÓN"
Hasta 16 municipios y barrios y 15.000 personas desalojadas por el incendio de la Vall d`Uixó, en Castellón
OTRO ATAQUE CON UN ARMA
Un muerto y 17 heridos tras un atropello masivo durante la celebración del Orgullo de Berlín
APUESTA POR LA JUVENTUD
La UD Ourense tira del filial y de los juveniles para la pretemporada
Nuevo desarrollo
Vietnam impulsa un gran resort de golf en sus Tierras Altas