Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
André e Cristiano viven nunha aldea de Brasil chamada Ouro Preto (ironías da vida: a súa riqueza non cae sobre os seus habitantes). Apenas se coñecen. Emporiso, cando Cristiano morre a causa dun accidente na fábrica de aluminio onde traballa, o azar fará que o pequeno André percorra os derradeiros vinte anos da vida do obreiro grazas á aparición dun manuscrito que a película "Arabia" se encargará de poñer en escena. Pasados os quince primeiros minutos da metraxe, cando o rapaz atopa o manuscrito de Cristiano, a ficción transfórmase nunha representación visual do proceso de introspección dun home ansioso por esquecer o amor da súa vida: un exercicio que realiza mediante a escritura dun diario (narrado case sempre en off) e acompañado por un grupo de teatro.
Narrada a catro mans polos directores brasileiros Affonso Uchoa e João Dumans (este xa fora asistente de dirección daquel na súa anterior longametraxe de ficción), "Arabia" é un relato delicado e achegado ó ámbito familiar e o das relacións amigables. A película ten algo así como un aire literario, calmado e inclusive teatral. Acerta nun retrato social dun Brasil interno, afastado das grandes cidades, que cambiou a cosmética dalgunhas das súas relacións de poder entre donos, xefes e empregados, pero mantén case inalterables as distancias e posibilidades de aqueles que andan polas escalas, polas clases inferiores. E o amor, por suposto, que non semella formar parte da vida deses homes endurecidos, pero que é capaz de marcalos para sempre.
Marabillosa cinta de raíces neorrealistas que aborda escenas cotiás do máis tráxicas con moita tenrura e delicadeza, polo que suaviza así a súa carga melodramática. O filme non pretende exaltar ou esaxerar a desdicha dos personaxes, senón plasmar o sentimento de soidade e melancolía que os envolve.
A primeira película dirixida en conxunto por estes dous directores noveles é un curioso road movie escuro que se fura, que afonda, serena e sensiblemente, no interior dun obreiro marxinal e silencioso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto