Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Hai artistas que parecen predestinados, desde os seus comezos, a coleccionar éxitos. Oliver Laxe é un deles. En principio, coa curtametraxe Paris #1 (2008) arroupado polo núcleo do nacente Novo Cine Galego, ata converterse, a través de Thierry Frémaux – antes programador e logo director do Festival de Cannes desde o 2020 – nun ‘habitué’ do certame francés. Un autor sempre rodeado duns colaboradores fora de serie. Os produtores Felipe Lage, Andrea Vázquez, Analia G. Alonso, Xavi Font e agora tamén os irmáns Almodóvar, e cun dos directores de fotografía máis talentosos e pouco aproveitado do panorama español como Mauro Herce, que acompañaron o cineasta nas distintas fases da súa carreira, compartindo os éxitos de Todos vos sodes capitáns (2010), Mimosas (2016), O que arde (2019) e, agora, de Sirat Trance en el desierto, premiado ex-aequo polo xurado no último Festival de Cannes.
No filme, un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos
Sirat significa ‘ponte’ ou ‘camiño’ en árabe e fai referencia á ponte que conecta o inferno co paraíso. Tamén pode interpretarse como ‘o camiño recto’ ou ‘o camiño que conduce á verdade’, un pasaxe moi estreito, difícil de cruzar e que as persoas deben atravesar no Día do Xuízo Final. A última longametraxe de Laxe, cun guión que poderíamos definir ‘evitativo’ no sentido que afástase de calquera complicación psicolóxica, constrúe a súa narrativa sobre símbolos, nunha sucesión de poderosas imaxes e unha hipnótica banda sonora orixinal techno minimalista firmada por Kanding Ray. Por momentos semella ao que Pier Paolo Pasolini chamaba ‘cine de poesía’, un concepto adoptado polo cineasta para definir os seus filmes a mediados dos anos sesenta e setenta. Películas que intentaban recuperar a verdadeira esencia do cinema, intrínseca nas imaxes.
No filme, un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas permanentes. Mentres reparten a súa foto aos asistentes, coñecen a un grupo de raveros e deciden seguilos ata o último baile que se celebrará no deserto, onde esperan atopar á moza desaparecida…
Sirat é unha road movie ao igual que Pajaritos y pajarracos (1966) de Pasolini, unha película de carreteira simbólica, unha odisea cara ao abismo. Como subliñaba antes, o filme non se preocupa de investigar a psicoloxía dos personaxes que transitan na pantalla, pero os seus rostros e corpos, con todas as súas imperfeccións e, por suposto, unicidade, son moi veraces. A música crea unha simbiose perfecta coas imaxes e a montaxe, fan que o filme avance a pesar de que as situacións resulten bastantes repetitivas.
Ao igual Sirat xoga co cine de xénero. As referencias a Mad Max de George Miller ou ao cine post apocalíptico dos anos setenta, incluso a un clásico da contracultura estadounidense como Easy Rider (1969) de Dennis Hopper, serven como referentes estéticos, encaixando perfectamente co mundo crepuscular, ravero e polvorento, levado á pantalla por Laxe.
A escena final de Sirat. Trance en el desierto deixa a porta aberta á interpretación. Persoalmente o filme paréceme representar unha escaleira que vai do paraíso ao inferno, un descenso, e non ao revés. Sirat é unha trance que conduce a un abismo desesperanzador.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La pesa del aizkolari
David Alvarado
Desleixo sen castigo
Lo último
ESCÁNDALO EN LA ALTA COCINA
René Redzepi dimite del restaurante danés Noma tras denuncias de abusos al personal
PROPIEDAD ESTATAL CONFIRMADA
El Pazo de Meirás no pertenece a los Franco, pero serán indemnizados por su mantenimiento desde 1975
DETERIORO EN LA CIUDAD
Concepción Arenal abre el camino al parcheado de baches en Ourense