Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Medir canto de rico é un territorio albíscase como unha tarefa extremadamente complexa e que pode levar a certos equívocos. O xeito xeralmente aceptado para este propósito é a través do denominado Produto Interior Bruto (PIB). Esta magnitude foi creada a mediados do século pasado polo economista ruso, posteriormente nacionalizado americano, Simon Kuznets. Dende entón, utilizase como referencia fundamental por políticos, analistas e medios.Non obstante xa dende a súa creación, o propio Kuznets advertiu dos perigos de asemellar o nivel de desenvolvemento a partir do PIB. En concreto, existen determinados aspectos non contemplados nesta magnitude con clara incidencia na nosa calidade de vida. É por iso que, con diferente grao de acerto e éxito, temos ao noso dispor medidas alternativas da riqueza e desenvolvemento dun territorio.
Entre estas cómpre salientar o Índice de Desenvolvemento Humano promovido polas Nacións Unidas na década dos noventa ou o recente Índice de Desenvolvemento Inclusivo do Foro Económico Mundial. Nesta liña en España existen tamén medidas como as empregadas polo Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (IVIE) ou a Fundación BBVA, entre outros.
Ante as diferentes alternativas de medición, un dos aspectos de maior interese consiste en comprobar como varía a posición dun territorio atendendo ao emprego de diferentes indicadores. Máis aínda, cando se afonda nos mesmos, é posible identificar as orixes das diverxencias o cal serve para explicar situacións económicas particulares.Este exercicio é feito no último Informe de Conxuntura do Foro Económico de Galicia, no que se realiza unha comparación de Galicia con respecto a outra rexión europea equivalente en termos de riqueza como é Irlanda do Norte. Se nos fixamos exclusivamente na súa riqueza, ambas son rexións semellantes. Sen embargo, con medidas que incorporen outras variables non recollidas no PIB como educación, saúde, emprego e benestar, a situación muda radicalmente.
Así, os irlandeses superan claramente aos galegos cunha diferenza de trinta posicións no ranking europeo. Esta circunstancia explícase polo efecto das dimensións de emprego e educación nas que Irlanda do Norte alcanza unha puntuación moi superior. En tanto os niveis de sanidade e benestar social son moi semellantes. Quere isto dicir que, en función de como se midan as cousas, a situación pode ser moi diferente. A riqueza non é allea a estes problemas de medición polo que á hora de tomar decisións e desenvolver políticas é recomendable ter unha visión o máis ampla posible. Nestes tempos que a economía está en boca de todos, non está de máis telo presente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán