CRÓNICAS DE INVIERNO
Una “superestrella” surca los cielos de España
Aquela tarde tan fría do vinte un de decembro, a comitiva descendía polo camiño da ladeira. O sol, a punto de ocultarse, xa non quentaba, tan pouco que o xélido vento de nordés procedente dos altos da Aguioncha, case arrincaba bágoas dos ollos entreabertos. Os últimos destelos do día relaban nas superficie do río Salas, que a uns trescentos metros cara ao sur, abandonaba as paisaxes chairas do val para, nun abrupto cambio na pendente, precipitarse de forma atolada ao encontro co Limia, a uns sete quilómetros ao noroeste.
Eran os panteóns de familias veciñas cos seus os defuntos, que o ritual de enterramento megalítico transformou en antepasados
Dirixidos por Iribo, o mestre de cerimonias, camiñaban cansos cara o destino, xa próximo. Esa mesma mañá e todo o día anterior estiveran rozando o lugar e remataron queimando os restos das matas xunto cos feixes amoreados da corta. Xa estaban cerca, porque cheiraba a chamusco. Cando chegaron remataba o día aínda que ó sol, nun último esforzo, aínda lle deu tempo a iluminar os picos de Fontefría e a chaira alta da serra do Pisco antes de ocultarse. Chegados, a comitiva prendeu os fachos e, con elas acendeu unha enorme fogueira para iluminar a espera. Tiñan que pasar toda a noite, ata o amencer.
Aproveitando o lume, prepararon unhas febras de carne, que repartiron entre os cinco. Iribo, o máis vello, recordáballes a importancia do lugar, especialmente ao seu neto, Lebbón, o mozo do grupo. Ao redor do sitio escollido xa había varios dolmens. Eran os panteóns de familias veciñas cos seus os defuntos, que o ritual de enterramento megalítico transformou en antepasados. A uns centos de metros ao nacente, erguíase o sartego dos seus parentes máis antigos, pioneiros que chegaran hai oito séculos para facerse cunhas leiras gañadas á fraga que ocupaba ladeiras próximas do río. Entre conversas pasaban as horas. Perseveraban na vixilia, porque traian unha misión que cumprir e non querían deixala ata o ano seguinte. Para a comitiva, todos parentes entre si, chegara o momento de construír o dolmen, na mesma paraxe onde oitocentos anos antes, os seus antepasados xunto cos dos veciños foran, século a século, erguendo outros, formando un gran cemiterio no val e á beira do vello camiño. Sentados no chan formando un semicírculo ao redor da fogueira, miraban a sueste, aínda que a negrura da noite non lles permitía ver máis alá duns metros. Ata que un tenue resplandor comezou a recortar a forma do horizonte non lonxe de alí. O disco solar foi asomando tras os altos da serra da Pena. Cando a luz do día empezou a iluminarlles os rostros, Iribo organizou ao grupo con présa. Situouse nun punto e aliñou ao resto dos parentes coa saída do sol neste solsticio de inverno. Con estacas trazaron unha liña, o eixe para orientar o novo dolmen que ían construír coa imprescindible axuda dos seus veciños. Cumprían así o ritual que iniciaran os antepasados, orientando a porta da cámara megalítica ao amañecer solsticial do inverno.
El nos cedeu a fotografía, escena que activou a imaxinación para contarlles este episodio prehistórico
Esta historia aconteceu no dolmen número 1 da Veiga de Val de Salas, arredor de ano 3500 AC. O catalogamos facendo a tese de doutoramento e estas semanas estase a recuperar gracias á Xunta de Galicia e ao Concello de Muíños, por un equipo dirixido polo arqueólogo David Pérez. El nos cedeu a fotografía, escena que activou a imaxinación para contarlles este episodio prehistórico. Se non foi así debeu ocorrer de forma parecida. Polo menos así o supoñemos
Feliz Nadal e que o 2025 lles depare o mellor do mellor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE INVIERNO
Una “superestrella” surca los cielos de España
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno es responsable
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Viaje
Juan Andrés Hervella
Fitur, el escaparate del turismo 2026
Lo último
VIOLENCIA MACHISTA
Asesina a una mujer a puñaladas en Alhaurín el Grande y después se entrega
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche de la Guardia Civil en Xinzo de Limia debido a la fuerte nevada