José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
O traballo nunca dignificou ao home. Así o considera o antropólogo David Graeber no seu ensaio sobre o fenómeno dos traballos de merda. Sostén que a clase dominante indagou que unha poboación feliz e produtiva co tempo libre nas súas mans é un perigo mortal. Ademais, o sentimento de que o traballo é un valor moral en si mesmo e que calquera que non se someta a el non se merece nada é conveniente (para os poderosos). A súa tese retraeu os meus anhelos keynesianos: nos anos 30 aspirábase a unha xornada laboral de tres horas diarias, condicionada a un progreso tecnolóxico (xa consolidado). ¿Por qué traballamos tanto os humanos e non as máquinas? Graeber argumenta que ao Estado interésalle escravizarnos: nos ocupan especialmente con traballos lixo (¿cal non o é?). ¿Qué importa o futuro do mecánico ou a panadeira se as súas condicións laborais e salariais subxacen na cloaca? Enriquécense quen ocupan funcións intelixibles, inservibles, menesterosas, absurdas: Gallardón xa desempeña (é un dicir) un cargo no consello consultivo madrileño (é outro dicir). O seu é un paripé laboral, un curro rematadamente prescindible agás para se embolsar euros a sacas. A xornada laboral de 40, 50 ou 60 horas é cousa do varredor ou do carniceiro, ¡á saúde de Gallardón e os corenta ladróns! Esta última cifra é un recurso literario. Xa dariamos a vida porque só sacasen tallada do erario público corenta traxados.
Conselleiros, delegados (ou delegados conselleiros), asesores, técnicos ou asesores técnicos, xestores de mandangas varias, asistente persoal, subsecretario del secretario e toda esa cohorte de chupópteros enriquécense por traballos inútiles deseñados á súa penosa capacidade mental. ¡Algún día se descubrirá o pastel! Podería velo nun futuro calquera dos meus netos, redimidos desta miseria humana pola súa feliz infancia. A ver se esta xeración de cativos afirma a vida, a liberdade, o amor e un traballo digno. Se busca unha conciencia ilustrada, esperta, que rache con esta peregrina idea: "¡traballar é de pobres!" ¿ou non?. Que teñan un bo aninovo, ou electoral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”