Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Unha débeda con Vilar de Flores
PINGAS DE ORBALLO
Nova andaina chitoliana. Desta volta, en coche. Cerquiña, a apenas vinte minutos da casa. Fun a Vilar de Flores, no concello de Allariz.
Sempre quixera ir andando desde a estrada que une Allariz con Baños de Molgas -uns tres quilómetros, calculo-, pero os máis de trinta graos de temperatura fixéronme desistir da idea e optar pola comodidade do coche.
Nunca estivera en Vilar de Flores. E, porén, levaba media vida querendo coñecer aquel lugar. A razón era ben sinxela: a miña nai ía todos os anos. Non perdoaba un 15 de agosto, día da romaría na honra da Asunción da Virxe María. Para ela aquela data era tan sagrada como as novenas dos Milagres, en xeral, e, moi especialmente, o Día 8.
Sempre me chamou a atención que, sendo tan devota da Virxe dos Milagres -e tamén do San Salvador de Baños de Molgas-, non deixase pasar nin un ano sen baixar a Vilar de Flores. E iso nun tempo no que non abondaban as ocasións para abandonar as tarefas da casa e da labranza. Pero aquel día tiña algo especial para ela. Ía no autobús que, segundo contaba, deixaba os romeiros ó pé da costa porque a estrada, estreita e revirada entre as aldeas, non permitía continuar. O resto do camiño había que facelo a pé, costa arriba.
Durante moitos anos sempre quixen ir. Cando ía ela, alguén tiña que quedar atendendo as labores agrícolas e a facenda, levándoas ó monte. Despois, por unhas circunstancias ou por outras, foi pasando o tempo e... ata o outro día.
Durante toda a visita lembrei a miña nai. E comprendín mellor por que aquel lugar significaba tanto para ela. O santuario é fermoso; a aldea, preciosa. Un deses recunchos que, ás veces, levan toda unha vida agardando por nós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Unha débeda con Vilar de Flores
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Galicia busca agua
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La conquista del Monte Cervino
Manuel Orío
RECORTES
Responsabilidad compartida
Lo último
LONGEVIDAD Y NATALIDAD
España lidera la esperanza de vida de la UE con 83 años
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Merecemos más y mejor atención
JUICIO A DAVID SÁNCHEZ
Feijóo advierte de que no hay familia por encima de la ley
AGRESIONES SEXUALES
Acusado en Berlín de sedar, violar y grabar a 14 mujeres