Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Que Vargas Llosa posúe unha prosa exquisita -eis glorias literarias como “La ciudad y los perros”, “Los elogios de la madrastra”, “La fiesta del chivo”…-, ademais dunha conversa envolvente é algo que poucas persoas rebatirían. Digamos que ten algo que atrapa e seduce, algo que lle facilita bastante a súa vida. Eu, polo menos, imaxino que se desenvolve con certa destreza nas reunións sociais, porque sabe como agradar. Agora ben, cando sae dese contexto das celebracións coas “socialités” do momento, ou, no mellor dos casos, das tertulias literarias, e se adentra noutros ámbitos parece que agrada moito menos. O seu talante neoliberal irrita bastante e a súa visión da “alta cultura” tamén, fundamentalmente por resultar elitista, distante, separadora e rancia. Para o escritor, hai un determinado coñecemento destinado a uns poucos e punto redondo. Poucos e poucas, claro, pois aínda que el non feminice os plurais, entendemos que é consciente da existencia de mulleres luminosas, con talento e claramente audaces. Iso si, esas mulleres son todas dun certo nivel socioeconómico, obviamente.
Vargas Llosa non pensa na filla dunha obreira como destinataria dese coñecemento “canónico” sobre iso que el adoita considerar “alta cultura”. Que distinto se fai entón o seu “ensaio” titulado “La civilización del espectáculo” (2012) daqueloutro de Guy Débord, “La société du espectacle” (1973), verdade? Pois ben, este señor de perspectiva alta e mirada máis alta aínda, meteuse agora nun xardín pouco transitado pola súa alta persoa. Cal? O do feminismo. Mal, Vargas Llosa. Moi mal. Todo ese rollo que largou sobre o perigo do feminismo carece de audacia, dada a morea de lugares comúns que emprega. Xa sabemos iso da “policía feminista” ou o das “monxas feministas”. Somos conscientes do amplo ronsel de expresións burlescas, grazas. Sabemos as intencións e non nos interesan nada, porque non definen en absoluto o traballo feminista.
A literatura, maioritariamente escrita por señores cis, occidentais e brancos, recolle, sen dúbida, o legado heteropatriarcal. A que nos referimos co do “legado heteropatriarcal”? Pois a todo un “sistema de crenzas” moi concreto que pode verse dende Tolstoy -“todas las familias felices se parecen”, que familias? As de lesbianas non, obviamente-, ata aquela violación perpetrada polos Infantes de Carrión contra ás fillas do Cid. Desfrutar dos acertos literarios e facer visíbel a “ideoloxía da dominación masculina” inserida na literatura non teñen por que ser accións excluíntes, mais complementarias, e, por riba de todo, moi construtivas e liberadoras. A Vargas Llosa tiña que pasarlle o que lle aconteceu ao “Orlando”, de Virginia Woolf. Talvez así sería menos prepotente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín