Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Camino de Santiago
Emoción antitotalitaria sentín coas palabras de Lorenzo González Rodríguez, xove presidente da Asociación Alma Llanera, na pequena e entrañable manifestación en pro da liberdade da Venezuela irmá, celebrada na Praza Maior de Ourense o xoves.
O xoves, na Praza Maior de Ourense, se cadra un par de centos de venezolanos xunto cunha ducia de cargos do P, e outras ducias de cidadáns sen adscrición partidaria reclamamos a liberdade da súa terra e a finalización da vulgar, antiética e antiestética ditadura de Maduro
Era a mesma emoción que vivín nas manifestacións nas rúas de Ourense ou Compostela nos estertores da ditadura, na Transición española ou nas rúas de Santiago de Chile cando o pinochetismo boquexaba. Pero o xoves éramos poucos. Demasiado poucos nunha cidade na que tantos lle deben tanto a Venezuela. A emigración a aquelas terras antecedeu e logo conviviu coa emigración a Europa entre os anos corenta e setenta.
Pero alí fixéronse cartos, porque non se ía a soldo, senón a emprender negocios de sol a sol. E hai moito sol naquela terra quente e viva. As cadeas migratrorias a Venezuela, con ese turrar uns por outros, espállanse por toda a provincia, con forza especial nas terras de Celanova. Si. Pensei que debería haber milleiros de ourensáns que unisen as súas voces á reclamación do benestar e a liberdade daquelas terras que, sen dúbida, tamén levan no corazón. Os que pasamos parte das nosas vidas, meses ou anos integrados noutras sociedades, entendemos que as identidades son compartidas, como as alegrías, as penas ou as linguas. Que suman sempre, non restan.
O xoves, na Praza Maior de Ourense, se cadra un par de centos de venezolanos xunto cunha ducia de cargos do P, e outras ducias de cidadáns sen adscrición partidaria reclamamos a liberdade da súa terra e a finalización da vulgar, antiética e antiestética ditadura de Maduro. A alegría espallábase desde a pel ourizada e os ollos faiscantes dun rapaz nos seus dezaoito que, ao meu lado, axitaba unha bandeira venezolana e daba berros coa voz rota pola emoción invocando a liberdade, mentres co móbil compartía cos amigos da outra beira en tempo real a solidariedade presente. Non sei quen era, pero vin nel un mozo repartidor deses que desde as súas motos nos facilitan a vida. Grazas.
Venezuela pendente da evolución acelerada destas horas decisivas. Da escolla do camiño posible, costa arriba ou costa abaixo na pendente da historia. A historia, o mundo, pendente de Venezuela. A paz, pendente dun fío. En vilo eses millóns de fuxidos aos que non se lle fixo posible seguir vivindo nunha terra paradisíaca, maltratada e aferrollada pola ditadura coa interesada e infame colaboración, ben pagada, desta banda do mar. Si, Zapatero, pasa polo principal valedor internacional dun réxime ditatorial. Ai da posición tépeda do Goberno de España dándolle as costas ao pobo de Venezuela nas súas tribulacións. Ai da oportunidade perdida de liderar co seu compromiso pola liberdade un dos grandes bloques do mundo mundial. Lembro como a Transición española -sempre bendita- serviu como exemplo a procesos de democratización por toda Iberoamérica. Lembro a calor popular nas rúas porteñas e un home grande berrándollo a Felipe González ao saír da Casa Rosada en Buenos Aires “Gallego, no te mueras nunca”, e tal foi nos últimos días de outubro de 1987. Éramos, daquela, un exemplo a imitar.
E Venezuela, materia pendente para min. A piques estiven de ir á Hermandad Gallega de Caracas por ver de recuperar as cintas coas gravacións dos programas de radio de Blanco Amor e Silvio Santiago dos anos cincuenta e sesenta, visitar a familia emigrada, pero ao final, Chaves mediante, púxose mal a cousa e non foi posible.
Outrora fomos os galegos -os meus Fernández, masivamente- os que foron traballar e respirar un mundo máis moderno e libre. Hoxe é ao revés. Pero como o mundo é redondo, xira e xira. Agardemos que acabe de dar a volta e volva luz, o progreso e a liberdade á Venezuela irmá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Camino de Santiago
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
El ómnibus de vapor en la línea Ourense-Verín
Manuel Baltar
Belfast child
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Hombres de bragueta fácil
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 12 de diciembre
CRECIMIENTO ECONÓMICO
España necesitará 1,5 millones de inmigrantes
COMPARECENCIA ANTE LOS MEDIOS
Besteiro escribe una carta a la militancia y dará sus explicaciones dos días después