Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Cando se fixo público que o próximo proxecto de Alejandro Amenábar, despois da sorprendente "Os outros", sería unha adaptación ó cine dos derradeiros días de Ramón Sampedro, o abraio foi colectivo. Saír dunha película de mortos para meterse nunha sobre un tipo que quere morrer, deixar o xénero do suspense e terror para pasar ó realismo cun puntiño combativo, non semellaba, de entrada, un paso lóxico e coherente. A fácil tendencia de encadrar e clasificar empurrábanos a crer que Amenábar só era hábil coas "snuff-movies", os xogos do futuro ou os mortos que non se decatan do seu novo estatus.
Quizais para romper con ese mito, Amenábar virou o temón e marchou "Mar dentro", arrastrando con el a Javier Bardem. E xa en alta mar, foron capaces de construír esta película dolorosa e honesta, de enorme solidez e emocións auténticas que nos conta, moitas veces cun humor moi negro, a triste historia deste home que quere morrer.
Non hai sorpresa final, é unha película como as de Cristo, na que sabemos o desenlace tráxico do personaxe desde o principio, pero aquí o importante non é sequera que o tetrapléxico Ramón Sampedro, despois de 28 anos prostrado na cama, consiga cunha pequena axuda dos seus amigos, descansar finalmente. O que importa en "Mar dentro" son as viaxes interiores dos personaxes, esa evolución que os fai crecer.
Paralelamente á narración está a viaxe que fai o espectador e esa tamén é importante porque a película intercambia a mágoa inicial pola solidariedade coa súa causa, o rexeitamento ó seu obxectivo pola comprensión do absurdo da súa existencia. O personaxe de Lola Dueñas, marabillosa na súa interpretacón, vive este mesmo proceso e quizais por iso é que cale tan fondo no espectador, que produza tanta empatía. Á marxe do logro que supón poñer en pé esta historia verídica desde un ángulo puramente humano, sen facer proselitismo sobre a eutanasia, faise obrigatorio mencionar os aspectos netamente cinematográficos que fan de "Mar dentro" a gran película que é. O guión mestura humor e inxenio. As paisaxes galegas xa as coñecemos. E os traballos de Bardem e Celso Bugallo quedan xa para a historia cinematográifica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto