Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Vicente Ferrer, na súa xuventude, foi militante do POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista) e loitou a prol da República na batalla do Ebro. Despois internárono nun campo de concentración francés e, posteriormente, entregárono ás autoridades franquistas. Máis tarde ingresou nos xesuítas, que o destinaron como misioneiro a Mumbai.
Alí coñeceu a realidade da pobreza dos desherdados da terra e foi o creador do que hoxe coñecemos como microcréditos, esas axudas para poder facer un pozo, comprar semente e labrarse un futuro. Préstamos que se devolvían sen intereses, ao tempo que o Banco Ambrosiano, propiedade do Vaticano, executaba embargos de hipotecas botando á rúa aos que non podían pagar, ao tempo que desviaban fondos a paraísos fiscais para non sei qué ocultos fins e invertía (e inverte) en farmacéuticas que se enrique cen con preservativos e píldoras anticonceptivas. A súa rebeldía e apoio aos desfavorecidos provocou que, en 1968, se lle expulsara da India, sen recibir o máis mínimo apoio da xerarquía católica; foron os campesiños hindús os que, co respaldo dalgúns intelectuais dese país, acadaron que Indira Gandhi lle concedese unhas vacacións para que puidera volver. O magnífico apoio prestado pola curia romana ao seu labor a prol dos pobres provocou que, en 1970, abandonase a disciplina vaticana e que, incluso, tomase esposa (Anne Perry) coa que tivo tres fillos, pero non que renunciara á súa vocación de servizo aos pobres da terra, en Anantapur, dende o seu regreso á India.
Creou a Fundación que leva o seu nome e que se financia en case un 90% de aportacións privadas. En 1998, lle foi concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, e o primeiro que fixo foi renunciar á asig nación económica persoal do mesmo a prol da Fundación, da que non recibía a máis mínima remuneración. Non tiña reloxo, nin aneis episcopais, nin coche oficial con chófer. Vestía case sempre unha camisa caqui, uns pantalóns de liño e unhas simples sandalias. A súa casa estaba feita de adobe e palla. Os xerarcas católicos lucen Rolex de ouro, teñen limusinas, vístense de ouros e viven en pazos. Cando deixen de seren un partido político, unha organización manipuladora con ese afán recadatorio para poder manteren os seus privilexios mundanos, dos que renegan en público e disfrutan en privado; cando se preocupen dos que sofren e deixen de dicir parvadas sobre o preservativo, o aborto e o matrimonio homosexual, cando eses prebostes lle cheguen a Vicente Ferrer á altura das súas sandalias, entón podería permitir que orientasen moralmente a miña vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Lo último
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays