Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
O AFIADOR
Resulta unha evidencia que o AVE non quere a Galicia. A historia do tren de alta velocidade así o refrenda e cada movemento que se da no ministerio do ramo (nestes momentos de Transportes e Movilidade Sostible) e as manifestacións do seu titular -así como casi todas as de quenes o precederon no cargo- reviven esa realidade e apagan calquera soño ou aspiración de que a Comunidade Autónoma galega poida contar cunhos servizos ferroviarios acordes cos tempos.
Renfe seica vai operar en Portugal cun remedo de tren rápido entre Madrid e Lisboa"
Os traballos feitos para o desdoble da vía no tramo entre Taboadela e Seixalbo, así como o traslado do intercambiador ata as portas de Ourense esmorecen na mesma medida na que se van dilatando os prazos para o remate das obras e a posta en marcha como contempla -ou contemplaba- o proxecto. Da variante exterior, non falamos, pois ese proxecto está en vía morta e pode ser que nunca pase dun soño no papel. A razón para este golpe nos morros á igualdade de oportunidades entre territorios non é outra que o escaso interés dos gobernos e ministros que se suceden no tempo dende hai case catro décadas.
O último anuncio do ministro Puente abunda na filosofía da aldraxe á sociedade e a economía galega. Renfe seica vai operar en Portugal cun remedo de tren rápido entre Madrid e Lisboa. Certamente, mellorará o servizo actual, pero todo apunta a que será a punta de lanza para avanzar na construción da liña de alta velocidade entre as duas capitais por Extremadura, pero significará que o goberno luso esquecerá ou aplazará sine die o eixe atlántico entre Lisboa e Porto, que tería continuidade cara a Galicia por Vigo para enlazar logo cara Madrid. Sería un avance na pretensión de apuntalar a idea do Eixo Atlántico entre o norte luso e o territorio galego máis alá de reunións esporádicas para teorizar o que poidera ser e nunca é, que dinamizaría a actividade nos dous territorios.
Sorprende que todos estes golpes a través do tempo carezan resposta ou polo menos algún impacto político, empresarial e social na comunidade galega, cando ata non hai moito se consideraba unha opción estratéxica para o futuro. Era unha aspiración á que os empresarios se sumaron clamando polo establecemento dun corredor de mercadorías que favorecese a competitividade da economía dos respectivos territorios. Nese movemento estiveron as organizacións patronais de Asturias, Castela e León e Galicia que mesmo deron lugar a cumios respaldados polos gobernos autonómicos respectivos.
Se cadra é que nos conformamos co que temos, esquecendo que se non avanzamos canda os demáis, en realidade estamos retrocedendo, como ben sabe todo o mundo. Antes valía o de “Sempre nos queda Portugal”. Agora xa non.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya
Rafael Dávila Álvarez
Ceuta y la Casa Real cruzan la línea roja
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Unha esmorga á italiana
Lo último