Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Igual que pasou outras veces, o falar non ten cancelas en ningún dos ámbitos coñecidos, incluídos os eidos científicos, de investigación e pescuda; incluídos os amplos campos da política que cada día se xeran, rexeneran e, con toda a confianza, dexeneran. E, por que? Probablemente poidan explicalo os paisanos nosos, atentos sempre ao acontecer diario, ao tempo, ao cambio climático e aos cambios de lúa. Os nosos paisanos saben que hai quen fala por non estar calado e comparten aquilo que xa dicía Plutarco, “para saber falar hai que saber escoitar”. É unha lección sinxela, milenaria e especialmente útil para aquelas persoas que non escoitan e andan na gobernanza.
Os nosos paisanos sábeno ben e a Tía Manuela, tamén: “do escoitar vén a sabedoría”, tan necesaria, tan conveniente, e case imprescindible, para seguir avanzando e para manter a confianza nos que a ofertan. Neste tempo das improntas todo se ve diferente, doutra maneira, como se cambiasen os ollos. Os que queren falar sós, anteriormente pedían que os escoitasen e que se propagasen as súas mensaxes entre as xentes, entre os votantes, entre os comerciantes da política, os compradores de ilusións e os vendedores de esperanza. Agora, como todo, como o clima, o proceso é de cambio. E, cando o cambio vai para ben, prezados lectores, debe ser imparable.
O cambio é igual que as feiras, que ningunha é mala, xa que nelas “uns perden e outros gañan”. Quen gañará nesta feira sen pulpo ou, para os galegos cultivados, sen polbo? Aí está, gañarán eles, os de sempre, os que non perden nunca. E a feira será mala para os outros todos. Galicia quedará repartida entre os gañadores, os perdedores e os que seguen igual. Cadaquén coa súa parte e distinta fortuna. Hai un cuarto grupo, o daqueles que non figuran, os non adscritos, dos que ninguén sabe por onde e para onde camiñan.
Se na mercadotecnia ou márketing da política houbese asesores que controlasen, quixesen e puidesen orientar aos non adscritos, serían verdadeiramente capaces de anunciar con bombo sonoro, e aos catro ventos, a vitoria daqueles aos que lles corresponde mandar e mandan, con cambio ou seguindo nas mesmas, dobregados á inxustiza ou, con gusto, á xustiza por eles cultivada. Dito!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Román Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Consecuencias da difusión de contidos sensibles
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
A paisaxe, expresión de identidade e memoria
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Cosmetotextilería
Lo último