NUEVAS PLAZAS DE DIFÍCIL COBERTURA
Las Urgencias del CHUO operan con la mitad de los médicos previstos
ENTREVISTA
Pregunta. Como xorde a idea de escribir unha historia completa de Ourense?
Respuesta. No 2020 iniciei o proxecto “O teu lugar, a túa historia”, co que pretendía poñer en valor os feitos máis importantes da historia de Galicia. Despois de publicar varios traballos, unha libreira comentoume que era moi necesario contar cunha historia de Ourense que permitise recuperar a nosa memoria histórica e comprender mellor a nosa identidade. Cinco anos máis tarde, aquí está o resultado.
P. E que resposta lle daría a esa persoa sobre a identidade ourensá?
R. Fun o primeiro sorprendido pola extraordinaria historia que ten esta cidade. E falo dunha importancia a nivel estatal. Ao longo dos séculos houbo momentos nos que Ourense foi protagonista da historia de España en primeira liña. O lector atopará episodios sorprendentes que demostran que tivemos un papel moito máis relevante do que normalmente pensamos.
P. Pode poñer algún exemplo?
R. Houbo momentos clave. Por exemplo, cando Inglaterra intentou reclamar a Coroa de Castela a través de Constanza, filla de Pedro I. Tamén fomos un punto fundamental da historia feudal galega. A propia Revolta Irmandiña arrinca en Ourense, algo que moita xente descoñece. E durante as incursións viquingas de Galicia, tamén tivo aquí un dos seus escenarios máis importantes.
P. Por que cre que non se ten esa percepción da importancia histórica da cidade?
R. Porque durante moito tempo faltou unha investigación global que reunise todas esas pezas. Ademais, perdomos unha parte moi importante da nosa documentación histórica. A invasión musulmá destruíu o arquivo episcopal, as incursións portuguesas fixeron desaparecer máis documentación e o incendio da biblioteca provincial acabou con arredor de 30.000 volumes. Iso obrigoume a realizar unha investigación moi lenta e laboriosa para reconstruír ese quebracabezas.
P. O libro comenza dende a Prehistoria.
R. Si, porque quería explicar realmente como nace este territorio. Hai teorías moi respectables que sitúan a orixe da cidade na época romana, pero eu quería ir máis atrás. Antes xa existían comunidades sedentarias, unha cultura castrexa e As Burgas tiñan unha importancia simbólica e relixiosa enorme.
P. Quedan aínda moitos segredos por descubrir baixo a cidade?
R. Estou convencido. Se hoxe se puidesen realizar grandes escavacións atopariamos sorpresas relacionadas cos primeiros asentamentos neolíticos e coa presenza romana, sueva ou visigoda. Hai moitos indicios. O problema é que non podemos tirar os edificios para chegar a ela.
P. No libro sostén que a Igrexa foi un gran actor histórico de Ourense durante séculos.
R. Foi o gran protagonista do Medievo ourensán. O bispado de Ourense acumulou un enorme poder e condicionou evolución da cidade. Houbo bispos con gobernos moi duros para a poboación, pero tamén figuras fundamentais para o desenvolvemento urbano.
P. Considera que o patrimonio ourensán está infravalorado?
R. Totalmente. Creo que vivimos unha especie de depresión colectiva. Seguimos mirando con nostalxia a época na que nos chamaban a Atenas de Galicia. Eu penso que debemos comezar unha nova etapa. Temos un potencial enorme, pero non o estamos aproveitando. A historia demostra que Ourense foi capaz de ocupar posicións moi relevantes e creo que debemos recuperar esa ambición. Se consigo contribuír un pouco a iso, dareime por satisfeito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS PLAZAS DE DIFÍCIL COBERTURA
Las Urgencias del CHUO operan con la mitad de los médicos previstos
Lo último