APOSTAR POR EMPRENDER
El 13,5% del alumnado de la UVigo está en proceso de crear su propio negocio
ANO OTERIANO
Este luns presentouse en Santiago de Compostela o documental “Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe”. Trátase dunha obra dirixida por María José Bravo Bosch, catedrática da Universidade de Vigo e membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, na que se reflicte a relación do escritor ourensán coa súa contorna. A estrea desta peza audiovisual tivo lugar no centro Ramón Piñeiro no que participaron numerosos representantes da cultura galega e tamén membros da comunidade educativa.
“Queriamos facer algo especial neste Ano Oteriano e ocurreuseme facer un documental un pouco máis especial, no que a paisaxe tamén tivese a súa parte de protagonismo”, explicou a directora, que resalta que Don Ramón fue todo un precursor. “Agora a todo o mundo se lle enche a boca falando de que tenemos que respetar a paisaxe, de que temos que adaptar todo o urbanismo, a arquitectura e a nosa forma de vida á paisaxe, e a mín parecíame moi importante destacar que fai moito tempo el foi un dos que máis a puxo en valor”, reflexionou Bravo.
Nesta liña, elaborou un proxecto destinado a todo tipo de públicos no que se combinan entrevistas e ficción cinematográfica. “O obxectivo é que sexa divulgativo, pero tamén atractivo para a xente”, sinalou a directora antes da primeira proxección.
Esta presentación é tan só unha das múltiples actividades previstas para este 2026, ano no se cumpren 50 anos dende o pasamento do Patriarca das Letras Galegas e 100 dende a publicación da súa obra “Guía de Galicia”. “Trataremos de divulgar a figura de Otero, é un autor inconmensurable, non hai xénero literario que non empregase ao longo da súa vida”, apunta Eduardo López, presidente da Fundación Otero Pedrayo reelixido hai escasos días.
Entre as accións previstas publicaranse varios libros sobre a traxectoria de Otero Pedrayo, tendo en conta o seu papel literario, xornalístico ou político. Ademais, está previsto que se faga unha reedición da “Guía de Galicia”, con capítulos introdutorios das persoas máis destacadas hoxe no mundo da xeografía, da historia e da cultura de Galicia. Por outra banda, organizaranse rutas seguindo as historias escritas polo Patriarca das Letras Galegas e volveran a convocarse os premios que levan o nome do autor. Dende a Fundación agardan que o 2026 se converta nun gran ano para a memoria.
Entre os presentes no acto estiveron o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APOSTAR POR EMPRENDER
El 13,5% del alumnado de la UVigo está en proceso de crear su propio negocio
CAPACITACIÓN DIGITAL
A Maiores en Celanova: La necesidad del aprendizaje para lograr sentirse útiles
COINCIDE CON ENTROIDO
Los floristas ourensanos anticipan un San Valentín “un pouco complicado”
Lo último
Roberto González
AVE y Seguridad Ciudadana
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Verín reforzará a seguridade nos días grandes do Entroido
MERCADO DE INVIERNO
Youssef, el último en llegar al UD Ourense
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Mensajes