Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense: "O mandato persoal que teño é renovar todo aquelo que sexa necesario"

CAFÉ DE REDACCIÓN

Luis Menor defiende la gestión de la Diputación y avanza un nuevo presupuesto provincial mientras aborda los cambios internos del PP de Ourense en el Café de redacción de La Región

Luis Menor durante a súa entrevista no plató de Telemiño.
Luis Menor durante a súa entrevista no plató de Telemiño. | Lucía Otero

O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, Luis Menor, foi o encargado de inaugurar a nova tempada do Café de Redacción organizado por Telemiño e La Región. Menor abordou a situación da provincia de Ourense de cara aos últimos meses de mandato, comprometéndose a preparar un orzamento provincial e considerando que as medidas do seu equipo de goberno resultaron beneficiosas para tódolos concellos, sen esquivar as preguntas sobre as mudanzas acometidas no seo da súa formación.

Pregunta. Estamos a piques de entrar nun ano electoral, e o seu partido, o PP, segue inmerso nese proceso de remuda. Que partido quere presentar a esas eleccións de 2027?

Respuesta. O partido que eu quero presentar de cara ao 2027 -ou, mellor dito, o que queremos presentar desde a dirección para cumprir co mandato dos nosos afiliados- é un partido que gañe eleccións. Os membros do noso partido elixen unha dirección precisamente con ese obxectivo: gañar nas urnas e lograr que a nosa formación teña sempre a mellor oferta electoral posible. É certo que somos un partido gañador, moi especialmente a nivel local, pero tamén é innegable que o PP vén sufrindo un certo desgaste se analizamos historicamente os nosos resultados. Seguimos a ser a primeira forza política, pero é evidente que nestes intres estamos xa bastante lonxe daqueles máximos electorais que lograbamos a nivel municipal noutras épocas. O noso tope histórico estivo nas 72 alcaldías, mentres que hoxe mesmo situámonos en 54; é dicir, fomos perdendo nestes últimos anos un total de 18 alcaldías. E esa caída foi exactamente a que provocou que acabaramos perdendo a maioría absoluta na Deputación. Polo tanto, a obriga estrita desta nova dirección, e o mandato persoal que eu teño, non é outro que o de renovar todo aquilo que sexa necesario renovar. Debemos centrarnos sobre todo naqueles sitios onde non damos coa tecla para facer corresponder os malos resultados das municipais cos bos resultados doutras eleccións, moi sinaladamente naquelas poboacións máis importantes da provincia, onde levamos xa, en moitísimos casos, demasiados anos sen conseguir gobernar.

“Hai sitios onde non damos coa tecla de corresponder os resultados das municipais cos doutras eleccións”

P. Nese obxectivo de remuda, está atopando máis colaboración ou máis resistencia?

R. Cando falamos da provincia, temos 92 realidades distintas. Hai agrupacións locais nas que practicamente non hai nin que tocar, lugares onde xa gobernamos e sabemos motivar á nosa militancia. Aí impera unha liberdade absoluta para os alcaldes gañadores, pois ninguén lles vai dicir como xestionar o seu concello cando obteñen vitorias de forma reiterada. A situación é moi distinta naqueles municipios nos que perdemos as eleccións, ás veces dende hai moito tempo. Falo de sitios onde logramos resultados excelentes nas xerais, autonómicas e europeas, pero nas locais seguimos sen atopar a tecla. Aí é xustamente onde estamos actuando con maior intensidade.

R. A reacción interna ante isto non é sempre a mesma. Hai compañeiros que asumen que xa non poden dar máis de si e nos piden un relevo. Porén, noutros lugares póñense xustificacións e amosan desacordo. Eu teño claro que en política gañar significa sumar. Para iso, primeiro mantemos o que xa funciona, e se non chega, buscamos novas incorporacións. Ese proceso ás veces xera tensións entre a xente que xa está e non quere moverse, e os que veñen de fóra para aportar. A nosa forma de actuar é sempre dialogar coa agrupación local para analizar xuntos que debemos modificar ou a quen debemos cambiar. Se a situación o require, búscanse alternativas para mellorar. Agora ben, cando xorden discrepancias profundas que non se poden ignorar, a dirección non se pode achantar. Neses momentos temos a responsabilidade de decidir.

O presdente da Diputación de Ourense, Luis Menor.
O presdente da Diputación de Ourense, Luis Menor. | Lucía Otero
O PP: “O mandato que nos fixeron os afiliados é ser un partido que gañe eleccións, e seguir crecendo”
A cidade: “A Praza de Abastos é un claro exemplo de como A mala xestión acaba recaendo sobre o peto dos ourensáns”
A provincia: “Agora tódolos anos se sabe a aportación da deputación. Iso permite aos alcaldes facer plans a longo prazo”

P. O que está a pasar en Barbadás ou en Verín pode pór en perigo a hexemonía que ten o partido na provincia?

R. Máis que poñer en perigo a hexemonía actual, preocúpanos que, de manter esta tendencia á baixa, farásenos moi difícil recuperala a nivel provincial. En Verín, por exemplo, somos a terceira forza nas municipais (4 de 17 concelleiros), mentres que noutras citas coas urnas rozamos o 50% dos votos. En Barbadás levamos tres mandatos sen recuperar unha alcaldía que xestionamos moitos anos, o que evidencia que non estamos no noso mellor momento nesa praza.

R. O mesmo ocorre noutras vilas importantes da xeografía ourensá: no Barco case nin lembramos cando foi a última vez que gobernamos, e no Carballiño non o facemos dende 2015, aínda que agora cogobernamos. Son moitas as poboacións relevantes onde hoxe non exercemos o goberno, malia que nalgún caso puntual esteamos a cogobernar. A nosa lectura é clara: nos concellos con máis poboación é onde deberiamos recoller máis votos, sempre e cando deamos coa oferta electoral axeitada. Se non sucede, é que algo non estamos a facer ben, e é xusto aí onde nos debemos centrar. Non podemos renunciar a ningún concello, sobre todo cando vemos que neses mesmos lugares a cidadanía colle sen dubidalo a papeleta do PP noutros comicios. Por pura lóxica política, calquera dirixente coa encomenda de gañar unhas eleccións ten que actuar primeiro alí onde a formación se atopa nunha peor situación.

“non debemos renunciar a ter a maioría en ningún concello”

P. Baixo o seu mandato, o maior fito da Deputación foi o cambio de modelo de financiamento.

R. Eu creo que si foi o noso maior fito, pero sobre todo considero que o máis importante que se está a modificar -e que, sen dúbida, é do que máis orgullosos nos podemos sentir hoxe en día- é o propio funcionamento do día a día dos concellos. Cando un alcalde sabe exactamente a 1 de xaneiro cal é o diñeiro do que vai dispoñer por parte dun ente tan fundamental para o financiamento local como é a Deputación, iso outórgalle unha liberdade absoluta para traballar. Dálle, en definitiva, unha facultade enorme para facer unha planificación a longo prazo, grazas a contar con ferramentas como o Plan CooperOU. Agora, tódolos anos sábese con exactitude cal vai ser o importe asignado polo plan.

R. Esta circunstancia permite aos rexedores anticiparse aos problemas e planificar con perspectiva temporal; ao contar cun financiamento garantido a catro anos vista, pódense plantexar obras de máis dun ano de execución. Falamos de obras de grande calado, ou ben de asinar acordos con outras administracións nos que se require unha cofinanciación plurianual. Ese, para min, é un cambio de paradigma absolutamente radical. E, por outra banda, está o factor da liberdade de xestión. Unha liberdade que vén dada porque o Plan CooperOU é tan sumamente flexible que lle permite ás administracións locais xustificar case calquera tipo de gasto. Abrangue desde a opción de investilo todo de golpe, ou facer varios investimentos menores, ata a posibilidade de empregalo en situacións de extremada delicadeza económica, como pode ser o caso dun concello que se atope gravemente endebedado. E no medio destes extremos sitúase o que fai case todo o mundo: dedicar eses fondos fundamentalmente a facer novas inversións, pero tamén aproveitar para achegar cartos a certas partidas que nos orzamentos locais ás veces nos quedan un pouquiño curtas. En conclusión, grazas a este modelo, agora os concellos teñen máis diñeiro nas súas mans.

“Paréceme incrible que a excepción sexa o diálogo”

P. No que respecta á cidade, o PP ten xa a Ana Méndez designada como candidata. No caso de non acadar a maioría necesaria, poderiamos ver por parte do PP unha reedición do denominado Pacto da Alameda?

R. A nosa aspiración en tódolos lugares é, antes de nada, gañar; somos un partido gañador. É certo que na cidade non tivemos os mellores resultados nas eleccións municipais de maio de 2023 (13.400 votos), pero nas autonómicas de febreiro de 2024 acadamos 22.500. Esa diferenza amosa que temos marxe suficiente para ser a primeira forza, algo que tamén se reflicte noutros concellos onde non gobernamos. Aspiramos a ser a forza máis votada en Ourense e nas grandes vilas, o que nos permitiría gañar tamén na provincia. A partir de aí, reivindicaremos o noso proxecto para gobernar; é o noso obxectivo e polo que traballamos.

P. Agardaría, se é así, un apoio de Democracia Ourensana, a quen vostedes apoiaron para que chegaran á alcaldía?

R. Se somos a forza maioritaria e temos a facultade de gobernar, desde logo dialogaremos con todo o mundo. Paréceme incrible que o diálogo sexa a excepción. Na Deputación, por exemplo, fáltanos un deputado para a maioría absoluta e, aínda tendo 12 representantes fronte aos 7 do seguinte grupo, negociamos e chegamos a acordos amplos con todos. No meu propio concello teño case un 70% dos votos e falo coa oposición sen problema. Obviamente, canta máis forza electoral tes, máis marxe hai para aplicar o teu programa, pero dialogar nunca é malo. Fareino con todos para sacar a Ourense desta situación, que non nos gusta, impulsando o proxecto do Partido Popular.

P. Precisamente, gábase vostede de ser o presidente de Deputación que máis acordos ten asinados coa Xunta.

R. Como digo moitas veces, gobernar é multiplicar os recursos. Iso lográmolo a través de convenios con outras administracións que financian entre un 60% e un 80% de diversos programas. Así, cunha achega propia do 20%, acadamos o 100% do investimento. Ser un bo gobernante é ter 500.000 euros e acabar investindo dous millóns e medio grazas a eses acordos; iso é o que fan os concellos ben xestionados. Limitarse a gastar o que un ten, sen buscar alianzas, non é un bo goberno. Ademais, hai que ter en conta que a Deputación, malia contar cun orzamento importante de 110 millóns de euros, dispón de menos recursos ca o Concello de Ourense.

P. Un Concello de Ourense que perdeu varias veces fondos europeos, que a Deputación si logra.

R. Eu sempre defendo a ortodoxia na xestión orzamentaria: as modificacións deben facerse con criterios legais e de xeito equitativo. Cando falta esa ortodoxia, acumúlanse os impagos e recórrese constantemente a modificacións de crédito para cuestións que deberían planificarse mellor. Imaxine a situación: Ourense ten 136 millóns de orzamento. Se o Concello captase fondos europeos e chegase a acordos con outras administracións como fai a Deputación, estariamos a falar de moitísimos millóns para transformar profundamente a cidade. Porén, ocorre o contrario: concédenlles os fondos e acaban perdéndoos. O caso da Praza de Abastos é un claro exemplo de como esa mala xestión acaba recaendo sobre o peto dos ourensáns. Polo tanto, a nosa valoración sobre esta xestión é forzosamente negativa.

P. Está agora preparando os orzamentos provinciais, que chegarán a 110 millóns de euros. Hai xa diálogo coa oposición?

R. Logo da aprobación do plan CooperOU, os orzamentos da Deputación son bastante sinxelos. Primeiro cubrimos a atención básica (persoal e gasto corrente) mediante programas ben definidos. A gran novidade é que destinaremos en torno ao 20% dese orzamento aos investimentos propios da Deputación. Queda moi pouca marxe para a discrecionalidade e moita para a ortodoxia orzamentaria; serán uns orzamentos equilibrados. En canto á folla de ruta, en outubro tentaremos aprobar unha modificación de crédito para incorporar os ingresos do Estado e transferilos aos concellos, como vimos facendo. En novembro, levaremos os orzamentos xa dialogados coa oposición. De aprobarse, o Plan CooperOU sumaría polo menos un millón de euros máis, alcanzando os 20 millóns destinados á cooperación municipal.

Contenido patrocinado

stats